14/6/12

VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA

Hoxe o alumnado de 2º de EP visitou as instalacións da Biblioteca Municipal de Vigo, situada no casco histórico da cidade, onde ocupa un fermoso e antigo edificio modernista, obra do arquitecto Jenaro De La Fuente. Fomos recibidos por unha amable bibliotecaria que nos falou brevemente da historia do local para logo mostrarnos as distintas dependencias e servizos que ofrecen. Disfrutamos moito vendo todo o que alí había, encantounos a decoración, moi atractiva para os nenos e nenas de todas as idades, e poidemos ver, tocar, manipular e xogar con libros espectaculares en tres dimensións, libros con forma de balón e mesmo libros que botaban a lingua fóra!! Pasámolo moi ben e queremos agradecer a amabilidade e paciencia do persoal polo que fomos atendidos. MOITAS GRAZAS!! A verdade é que nos quedaron ganas de voltar axiña pola biblioteca pública para gozar con máis calma dos tesouros que alí gardan. A que si, rapaces?!
Se queres ver todas as fotos, algunhas moi simpáticas, preme AQUÍ

1 comentario: