21/12/12

UNHA VELADA FANTÁSTICA!!

Hoxe pasámolo de marabilla! Tivemos unha xornada moi especial porque era o último día de clase antes das vacacións de Nadal e ademáis o alumnado de 3º tiña un importante papel dentro da obra do festival que, por certo, saíu moi, moi, REQUETEBÉN!! Estes nenos e nenas son uns auténticos artistas!! Foron unhas horas emocionantes: primeiro os abrazos e os bombóns e despois as actuacións e os aplausos. Non se pode pedir máis!! Quero felicitarvos a todos e todas polo ben que o fixestes e polo voso comportamento. Xa sodes uns PRO-FE-SIO-NAIS. PARABÉNS!! ATOPAREDES MÁIS FOTOS EN O RECANTO DE MIK

No hay comentarios:

Publicar un comentario