30/4/12

REPASANDO C: MEDIO: OS ANIMAIS

Para repasar os temas 5 e 6 sobre os animais debedes ler e facer as actividades do seguinte xogo (podedes facelo en pantalla completa se clicades no cadradiño da esquina de arriba):

 

22/4/12

Clic en la imagen para empezar a jugar.
Puedes jugar tú solo o competir con un compañer@

21/4/12

VISITA DOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

Cun precioso cofre que gardaba unhas fermosísimas tarxetiñas para facer o sorteo de padriños e madriñas lectores, o curso de 2º de Primaria recibiu moi ilusionado a visita do alumnado de 4º. Cun sinxelo pero moi emocionante acto, levamos a cabo as presentacións. Por suposto, os nenos e nenas de 2º están moi agradecidos e contentos porque o luns, 23, Día do Libro, escoitarán entusiasmados as historias que estes estupendos padriños van compartir con eles. Aquí vos deixo as imaxes duns momentos tan especiais:

7/4/12

LEMBRANDO A HANS CHRISTIAN ANDERSEN

O día 2 de abril celebrouse o Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil, conmemorando a data de nacemento dete gran escritor que forma parte da cultura e das lembranzas de moitas xeracións. Xoga e aprende moitas cousas sobre el con estas actividades. Coñecerás dous contos moi divertidos que escribiu para todos nós hai moitos anos:(podes facelo en pantalla completa se premes no cadradiño da esquina de arriba)