27/9/13

UN COCIÑEIRO ESPECIAL

Hoxe tivemos unha sorpresa fantástica no noso cole pois veu visitarnos un "Arguiñano" moi especial: MIK!!! Como sempre, viña encargar unha nova misión a todos os nenos e nenas do centro, que xa son uns expert@s investigadores. Na súa mochila levaba as cartas coas primeiras instrucións do traballo. E claro, axiña nos convenceu a todos do importante que é coñecer moitas cousas sobre os alimentos e a nutrición. Antes de marchar para a biblioteca na procura dos libros máis interesantes para vós, pediunos que lle buscaramos o seu gorro de "chef" pois con tanto trafego non sabía onde lle caíra e... non se pode ser un bo cociñeiro sen un enorme gorro branco coma o seu!! E xa andamos percorrendo todos os recunchos do cole para atopar o gorro deste Mik tan despistado. Tamén estamos desexando disfrutar dos estupendos traballos que prepararedes coas vosas familias e agardamos entusiasmados as novas de MIK. De momento, aquí vos deixo algunhas fotos da visita: Se queres ler a carta que nos deixou Mik, preme no sobre de abaixo:
VER ÁLBUM DE FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario