9/10/13

TERCEIRO RECICLA

Esta mañá, os nenos e nenas de terceiro participaron nun obradoiro de reciclaxe patrocinado polo concello de Vigo. Despois de estar moi atent@s ás explicacións realizaron unha práctica na que debían depositar cada residuo no colector correspondente. Fixérono moi ben e lograron convertirse en "heroes da reciclaxe" polo que recibiron cadansúa camiseta e o respectivo antifaz. Aquí os tendes ataviados como auténtic@s superheroes:
Se queres ver máis fotos desta actividade preme AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario