13/11/13

NA BIBLIOTECA...

Hoxe baixamos por primeira vez á biblioteca para facer préstamo de libros e traballar no noso caderno de pescudas sobre os animais. Xa sabemos que para atopar libros sobre o tema que nos interesa temos que acudir ao andel que ten o número 5 e debemos utilizar os marcadores para que poidamos recolocar os libros sen confundirnos de lugar. Deste xeito asegurámonos de que todos seguen na orde que lles corresponde e que non haberá problema para atopalos de novo. Así, mentres uns/unhas buscaban lecturas para levar...
... outros/as achegábanse ao andel do número 5 para seleccionar materiais de consulta:
Os demáis traballaban no caderno, lían, consultaban...
Queres ver máis fotos? Preme AQUÍ

2 comentarios: