2/5/13

ANXO MOURE: O CARBALLO CON BOTAS

Hai uns días gozamos dunha sesión de animación á lectura realizada por ANXO MOURE, o autor do conto “O carballo con botas”, que conseguiu, grazas á maxia dos seus contos solidarios, prender nos rapaces e rapazas a necesidade de coidar o medio ambiente, de evitar os incendios forestais, de reciclar, de amar a natureza... Unha historia que nos fixo cavilar e aprender a respectar o mundo que nos rodea. Imaxinación, alegría e preciosas historias fixeron as delicias do alumnado que recibiu con entusiasmo a este contacontos que con tanta mestría nos transmite fermosas mensaxes. MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS UNS MOMENTOS TAN DIVERTIDOS!!

VER ALBUM COMPLETO