11/6/13

QUE ARTE!!!

Hoxe tocoulle ao alumnado de 3º de EP ser os protagonistas da Semana das Artes cunha simpática obra de teatro titulada O PLAN XERAL, que representaron de marabilla. Fixérono tan requeteben que mesmo semellaban auténticos profesionais, uns pequenos grandes actores e actrices que encandilaron ao público que aplaudiu a rabear. NORABOA RAPACES!!! Aquí vos deixo o vídeo para que gocedes desta actuación cando queirades: