5/2/14

NICO E SHAKIRA

Hoxe, Alex presentounos aos seus simpáticos hámsters, un macho chamado Nico e una femia chamada Shakira. Trouxo una gaiola moi chula chea de xoguetes para que os animaliños fagan exercicio e se divirtan: una noria, un laberinto e una boliña amarela na que fixeron as súas demostracións. Con moita paciencia, Alex logrou sacalos da gaiola, pois estaban bastante asustados e non se deixaban coller. Por fin puidemos tocalos e telos un pouquiño nas mans para acariñalos e sentir a suavidade da súa pel. Tamén nos enteramos de cal é a súa alimentación, os seus costumes nocturnos e os coidados que precisan, sobre todo hai que ter coidado co frío pois son moi sensibles ás temperaturas. Aquí tendes as fotos da actividade. MOITAS GRAZAS, ALEX, GUSTOUNOS MOITO!!! VER ÁLBUM COMPLETO

6 comentarios:


  1. Que chulos son os hamsters,gustaronme moito

    ResponderEliminar
  2. que bonitos os Hamsters de Alex son moi chulos e meteunos na bola a Nico e Shakira nos adeixou tocar ¡GRAZAS ALEX BICOS'

    ResponderEliminar
  3. Alex tus hamsters Nico y Shakira son muy bonitos

    ResponderEliminar
  4. Alex que bonitos son tus hamsters

    ResponderEliminar
  5. Gracias a todos. Yo me alegro de que os haya gustado mi hámster y el de Zaira.
    Gracias Julia por hacer este reportaje tan chulo.Tengo unos hámster famosos jajajajaja.Besos


    ResponderEliminar