13/6/14

ENCONTRO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Hoxe visitounos Antonio García Teijeiro, autor do libro de poesía que estivemos lendo en clase, "Bolboretas no papel". Pasámolo moi ben: Anxo ilustrou dous versos, inventamos entre todos unha poesía, recitamos, lémoslle os nosos limmericks e outros versos que nós mesmos creamos e que lle encantaron e, por último, asinou os nosos exemplares que levamos moi fachendosos para as nosas casas. GRAZAS, ANTONIO, POLA TÚA VISITA!! ÁLBUM

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada