25/10/14

ANTÓN PULIDO

Dentro do programa de actividades deseñadas arredor do PDI deste ano, o próximo luns, o alumnado de 3º e 4º de EP visitará a exposición antolóxica de Antón Pulido, un dos artistas plásticos máis recoñecidos na actualidade, no Centro Cultural Afundación de Vigo, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Alí, ademais de admirar a obra deste pintor, realizarán un obradoiro titulado «As obras de arte tamén se fan preguntas» co que os nenos e nenas se achegaran ao particular mundo das sensacións, as cores e as escenas de Antón Pulido e descubrirán os múltiples interrogantes que pode esconder unha obra de arte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario