27/10/14

LUZ E COR CON ANTÓN PULIDO

Tal e como xa vos avanzamos, hoxe o alumnado de 3º e 4º de EP visitou a exposición de Antón Pulido. Primeiro fixemos un obradoiro de pintura colectiva, xa que entre tod@s tivemos que facer un tríptico empregando as mesmas cores que utiliza o artista. A verdade é que nos saiu moi ben e quedamos moi satisfeit@s coas nosas obras de arte.
Despois fomos á galería onde estaba a colección de pintura deste autor, desde que comezou a pintar ata a actualidade. Que diferencia das primeiras pinturas!! As cores eran escuras, apagadas, non tiñan LUZ!! Pero despois de un tempo as súas obras están cheas de cores vivas e nunha delas vimos a diferencia entre pintar luz natural e luz artificial. Canto aprendemos e que ben o pasamos!!!
PODES VER MÁIS FOTOS CLICANDO AQUÍ
Para facer o traballo sobre esta visita educativa, utilizaremos a seguinte FICHA (clic AQUÍ)

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada