24/10/14

O NOSO DÍA DA BIBLIO

Hoxe tivemos un día moi especial pois celebramos o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Levamos toda a semana agardando este día porque a partir de agora xa poderemos gozar da nosa biblio durante todo o curso. O cole estaba precioso, decorado cos fantásticos traballos que fixemos coas nosas familias e que adornaban os corredores e a entrada. Cando chegamos, ás nove, baixamos á biblio onde nos agardaba MIK que estaba vestido cunha bata de científico moi chula. Primeiro, entre tod@s, repasamos as normas para que todo funcione estupendamente:
Despois vimos as exposicións con libros moi noviños que nos encantaron e que estamos desexando ler:
Tamén fixemos a entrega dos carnés e das carpetas da biblio aos nosos novos compañeiros Miguel e Daniel:
Por suposto, non esquecemos recoller as nosas mochilas viaxeiras:
E, para finalizar a visita á nosa biblio, MIK agasallounos cunha lambetada:
Pero a cousa non rematou aí. Despois do recreo asistimos a un espectáculo moi divertido no salón de actos. Todo estaba a escuras pero na entrada había unhas luciñas de cores que escintilaban e quedaban moi ben. A representación foi moi "científica" e tivemos a ocasión de ver "en persoa" uns virus e unhas bacterias moi churrusqueiras pero un pouco trastes (menos mal que contamos cos científic@s para que nos libren delas!!!):
Cando rematou a función apareceu... LUCIÑA!! Ela contounos que hoxe é o Día das Bibliotecas e que por iso fixemos esta festa tan guai:
QUE DÍA TAN ESTUPENDO!! PASÁMOLO XENIAL!! GRAZAS MIK!! Se queres ver as nosas fotos PREME AQUÍ

4 comentarios:

  1. Que pena que yo no pudiera ir pero me imagino que seria muy guay.

    ResponderEliminar
  2. Nos gusto mucho la obra y lo de la biblioteca , es una pena que no pudieras estar con nosotros

    ResponderEliminar
  3. ues si, Estela, una pena!! Ya te contarán tus compañer@s

    ResponderEliminar
  4. Lo qué más me gusto fue lo de las bacterias de la boca

    ResponderEliminar