30/1/14

DÍA DA PAZ

29/1/14

CADERNO DE TRABALLO: A ALIMENTACIÓN

O VENRES COMEZAMOS!!! Xa están listos os caderniños de investigación sobre a ALIMENTACIÓN para o segundo ciclo de EP. Son tres bloques temáticos, CONCEPTOS BÁSICOS, PARA SABER MÁIS e OS ALIMENTOS E A ARTE, que iremos traballando secuenciadamente. Nos ANEXOS podemos descargar fichas para complementar os traballos.



VER CADERNO COMPLETO EN PDF (ten paciencia, tarda en descargar)
ANEXOS
No panel lateral tendes un enlace permanente ao caderno.

28/1/14

FACHENDOS@S DO NOSO TRABALLO

Xa comezamos a elaborar os primeiros traballos sobre o noso proxecto documental da ALIMENTACIÓN facendo pequenas investigacións sobre algunhas froitas e verduras. Ademáis tiñan que que completalas coa parte artística, achegando creatividade e orixinalidade. Quedaron uns traballos fantásticos que eles mesmo nos mostran moi fachendos@s: PARABÉNS, RAPACES!!!
VER ÁLBUM COMPLETO

24/1/14

CONFERENCIAS: REMATAMOS!!

Hoxe fixeron as súas conferencias os catro últimos expertos e expertas, Lía, Sara, Ania e Rubén, que nos falaron do can, o golfiño, a mantis relixiosa e o león. O próximo luns faremos un coloquio real e outro virtual a través deste blog, onde poderán expresar as súas impresións sobre a actividade. Mentres, aquí tendes as fotos de hoxe, logo virán os vídeos:

23/1/14

NELSON MADELA

Un retrato máis!! O autor é Nicolás Abalde. PARABÉNS!!

22/1/14

A ALIMENTACIÓN

Como xa sabedes, axiña comezaremos co noso proxecto documental sobre a ALIMENTACIÓN. Xa podedes ir poñéndovos a punto coas seguintes actividades:
http://obesidadinfantil.consumer.es/web/es/6-10/desayuno/index.php
http://contenidos.proyectoagrega.es/visualizador-1/Visualizar/Visualizar.do?idioma=es&identificador=es_2009091613_1122385&secuencia=false#
http://www.madridsalud.es/nutralizer.swf

HORA DE BIBLIOTECA

Hoxe, como todos os mércores, os nenos e nenas de terceiro de EP tivemos hora de biblioteca. Baixamos coas nosas carpetas e, como vedes nas imaxes, fixemos distintas actividades: FORMACIÓN DE USUARI@S:
LEMOS:
ESCOLLEMOS LECTURAS PARA CASA:
FIXEMOS PRÉSTAMO:
AQUÍ MÁIS FOTOS (ÁLBUM):

NELSON MANDELA

Unha nova caricatura de Nelson Mandela, esta vez feita por Sofía Faro Lameiro:

21/1/14

RETRATOS DE NELSON MANDELA

Xa temos a primeira obra de arte sobre Nelson Mandela. A autora é Sara Teijeira Olivier:
PARABÉNS, SARA!!

20/1/14

CONFERENCIAS: O GATO EUROPEO, O PEIXE PALLASO E O LORO

Xa estamos rematando coas conferencias de expert@s sobre animais. O venres pasado tivemos a Andrea, David e Eva, que nos falaron sobre o gato europeo, o peixe pallaso e o loro. Cantas cousas aprendemos!!! Parabéns, rapaces!!! Como sempre, aquí están as fotos. Axiña virán os vídeos. OS VÍDEOS:


16/1/14

CONFERENCIAS: O OSO PANDA, O BASILISCO, O TIBURÓN BRANCO, SERPE DE CASCABEL E INSECTO FOLLA AUSTRALIANO

FANTÁSTICO!!! Hoxe tivemos cinco estupendas conferencias a cargo de Celia, Denís, Alex, Roi e Gustavo. Gustáronnos moito e aprendemos unha chea de cousas. Agora podedes ver algunhas fotos mentres agardamos que estean listos os vídeos: E aquí están os vídeos:



15/1/14

CONFERENCIAS: O COELLO COMÚN

A experta de hoxe foi Sonia, que nos falou sobre o coello común. Como sempre, coñecemos cousas moi interesantes sobre este animal e puidemos ver moitas fotos coas súas explicacións. Para lembrar todos os detalles aquí tendes as fotos e o vídeo:

O UNIVERSO

AS ESTACIÓNS DO ANO
http://www.educa.madrid.org/web/cp.alarcon.valdemoro/Web/ColePAA10/MATERIAL-DCO/RECURSOS%20SANTILLANA/0%20SEGUNDO%20CICLO/PROFESOR/TERCERO/site%20-%20PRF%20CONO%203/www/root/data/RECURSOS/ESMAN00003676/index.html
O SISTEMA SOLAR
http://nea.educastur.princast.es/flash/evo/index.html
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/astronomia/FWK_astronomia_primaria/index.html

13/1/14

CONFERENCIAS: O TRITÓN, O "FRAILECILLO" E O FURÓN

Novas fantásticas conferencias!! Desta vez tivemos moita información sobre os tritóns, o "frailecillo" común e os furóns, e mesmo tivemos ocasión de ver un tritón en "vivo e en directo". Hoxe, os nosos expert@s foron Estela, Nico e Lara. PARABÉNS, rapaces, fixéstelo estupendamente!!! Pronto poderemos ver os vídeos. Polo de agora, aquí tendes algunhas fotos:
E XA TEMOS AQUÍ OS VÍDEOS!!! A DISFRUTAR!!!

9/1/14

CONFERENCIAS: A XIRAFA

Á volta das vacacións continuamos coas conferencias sobre animais a cargo duns fantásticos expertos e expertas. Hoxe tocoulle o turno a Lucía, que fixo una estupenda exposición sobre as xirafas. Aprendemos moitísimas cousas sobre este mamífero e fixemos moitas preguntas que Lucía nos respondeu con moita "profesionalidade". Para rematar trouxo una xirafiña preciosa feita con materiais de refugallo. Gustounos moito. PARABÉNS, LUCÍA!! Agora podedes ver algunhas fotos. Axiña teremos aquí o vídeo para lembrar todo o que nos contou Lucía.
Bueno, pois... AQUÍ ESTÁ!! A DISFRUTAR!!!