25/3/14

DÍAS DE POESÍA: SEGUNDO CICLO

Xa podemos ver o vídeo dos recitados do segundo ciclo!!
Clic na imaxe para ver álbum de fotos:
https://picasaweb.google.com/bibliotics3/SEMANA_POESIA_1314_34?authuser=0&feat=directlink

21/3/14

A SOIA

Co noso traballo documental estamos aprendendo moitas cousas interesantes sobre os alimentos. Hoxe, Lía tróuxonos sementes de soia xerminadas e explicounos o doado que é conseguilo cun recipiente, auga e un pouco de algodón. Para que os compañeiros e compañeiras o comprobaran repartiu grans desta leguminosa para que fixeran o experimento eles mesmos nas súas casas. MOITAS GRAZAS, LÍA!!!

15/3/14

PARA CRECER DEBES COMER...

ESCOITA ESTA CANCIÓN TAN CHULA. SERÁS CAPAZ DE APRENDELA??

14/3/14

DEVORANDO NOTICIAS

Aproveitando que estamos coa semana escolar da prensa, estase levando a cabo no centro unha actividade de recollida de noticias sobre alimentación, ao fío do noso proxecto documental. Xa están chegando ás aulas as primeiras e desde logo son ben interesantes. Ao rematar, coas achegas de tod@s faremos un dossier titulado "DEVORANDO NOTICIAS". Podedes descargar as plantillas premendo na imaxe de abaixo:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/prensa/PRENSA_plantilla.pdf

UN BODEGÓN MOI NATURAL

Seguimos traballando no Proxecto Documental sobre a Alimentación. Na área de Plástica estudamos o bodegón como motivo e utilizamos diferentes técnicas para crear os nosos propios bodegóns. Hoxe tocou pintar do natural e aquí tendes aos nenos e nenas de terceiro en plena faena. A que quedaron chulísimos?? E iso que era moi, moi difícil!!! VER ÁLBUM
Pero antes xa tiñamos experimentado co puntillismo:
VER TODOS