28/4/14

TRABALLO COOPERATIVO POR COMPETENCIAS

Hoxe comezamos a traballar en equipo os contidos dos últimos temas de matemáticas no entorno do proxecto documental sobre alimentación. Trátase de aplicar á vida real os coñecementos adquiridos, unha aprendizaxe significativa onde o razoamento en grupo tratará de atopar as solución ás situacións que se plantexan. Este é o caderno de actividades, que irán resolvendo pouco a pouco.
Se queredes, podedes descargar algunha ficha para ir entrenando o cerebro (descarga o caderno AQUÍ
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/PDI_matemat_imaxes.pdf

NOVOS MENÚS PARA O PAPALIBROS

Aquí están os traballos de Celia, Eva, Sofía e Roi. Parabéns aos catro!!

26/4/14

ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE A ALIMENTACIÓN

Actividades interactivas para traballar a alimentación, dentro do Proxecto Documental do centro, dirixidas ao segundo e terceiro ciclos de EP. VER EN PANTALLA COMPLETA


VER EN PANTALLA COMPLETA

25/4/14

ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE ALIMENTACIÓN

Para rematar o Proxecto Documental que estamos desenvolvendo no segundo ciclo, deberedes realizar todas as actividades da seguinte aplicación. Farémolo pouco a pouco, ata conseguir resolvelas todas. Se queredes, xa podedes ir practicando (preme na imaxe de abaixo):
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_alimentos/alimentos.html

MÁIS MENÚS PARA O "PAPALIBROS"

Aquí están os traballos de Andrea, Denís, Estela e Gustavo. UMMMMMM!! RIQUÍSIMO!!

23/4/14

TRABALLO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: AS ETIQUETAS

Para completar os traballos sobre a alimentación debedes seleccionar unha etiqueta de calquera alimento e cubrir a seguinte ficha (preme na imaxe):
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/ficha_etiquetas.pdf

RIQUÍSIMOS MENÚS

Xa temos os primeiros menús para o noso especial restaurante "PAPALIBROS" e, a dicir verdade, son moi, moi apetitosos. PARABÉNS, Nico e Anxo!! Sodes uns "CHEFS" fantásticos!!



E outro máis que nos trouxo Sara:

14/4/14

O NOSO CONTO: A LANDRA DE OURO

Xa chegou!! Recén saídiño do forno, aínda está quentiño o noso precioso conto colectivo, A LANDRA DE OURO. Xa o podedes ver e disfrutar coas vosas artísticas ilustracións espalladas polas páxinas. Por iso MIK quere propoñervos un xogo: que vos fixedes ben en todos os debuxos e que atopedes os que fixestes cada un de vós. Buscade as landras, as flores, as bolboretas, as pirámides, os esquíos... Seredes capaces de identificar onde están os de cadaquén? Collede a lupa e A BUSCAR!!!
Se queredes, podedes descargalo, imprimilo e encadernalo para ter o voso propio exemplar. Paga a pena!! (preme na imaxe)
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/landra_ouro_web.pdf

12/4/14

TARXETAS LECTORAS

O próximo 23 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR/A, levaremos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" ( xa imos pola sexta edición!!!), entre outras actuacións programadas para celebrar esta data. Como é habitual, durante esta semana realizáronse con entusiasmo algúns dos preparativos: os padriños e madriñas escolleron os libros que prepararán concienzudamente para a súa lectura e elaboraron e decoraron as tarxetas lectoras coas que se realizarán os sorteos de afillad@s no día anterior á cita lectora. Á espera dese día, no que os padriños e madriñas visitarán as aulas dos afillad@s, podedes ir vendo as artísticas tarxetas lectoras de 3º de EP (preme na imaxe):

7/4/14

A LANDRA DE OURO

Os nenos e nenas do segundo ciclo inventaron un precioso conto colectivo que agora deberán ilustrar con toda a súa creatividade e imaxinación. Seguro que quedará chulísimo e que gustará moito a todos os compañeiros e compañeiras do cole. Despois encadernarémolo e gardarémolo con moito agarimo na nosa colección de contos creados por nós mesmos. Se queredes, xa podedes lelo premendo na imaxe dos esquíos:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/A%20LANDRA%20DE%20OURO.pdf