20/6/14

GRAZAS, GUS!!

Hoxe Gustavo agasallounos cunhas bonitas e riquísimas galletas personalizadas. Un gusto para os ollos e para o padal!! Moitas grazas a Gus e á súa mamá!!




19/6/14

OS BAILES DE TERCEIRO

ISTO É ARTE!! FOTOS PARABÉNS a Nico, Estela, Anxo, Lucía, Nerea, Sofía e Sara!! SODES UNS ARTISTAS!!

13/6/14

ENCONTRO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Hoxe visitounos Antonio García Teijeiro, autor do libro de poesía que estivemos lendo en clase, "Bolboretas no papel". Pasámolo moi ben: Anxo ilustrou dous versos, inventamos entre todos unha poesía, recitamos, lémoslle os nosos limmericks e outros versos que nós mesmos creamos e que lle encantaron e, por último, asinou os nosos exemplares que levamos moi fachendosos para as nosas casas. GRAZAS, ANTONIO, POLA TÚA VISITA!! ÁLBUM

12/6/14

UN PICNIC FANTÁSTICO!!

PARABÉNS A TOD@S polo ben que organizastes e levastes a cabo o pic-nic de hoxe. Fixéstelo de marabilla!! Tamén felicitamos ás familias pola súa espléndida colaboración. MOITAS GRAZAS!! PODEDES VER MOITAS MÁIS FOTOS EN "O RECANTO DE MIK"

11/6/14

ORGANIZANDO UN PIC-NIC

Mañá IMOS DE PIC-NIC, unha actividade lúdica para gozar compartindo, coa que finalizamos moitos meses de traballo arredor do proxecto da alimentación. Non obstante, a súa preparación implica aprendizaxes e habilidades que tamén estivemos traballando este curso: dialogar, opinar, repartir tarefas, chegar a acordos... Aquí temos aos nenos e nenas de terceiro en plena actividade organizativa: PARABÉNS A TOD@S!! FOTOS