30/9/14

COLLEITA DE CEBOLAS

Despois da sementeira ven a colleita e por iso tivemos un bo cestiño de cebolas para repartir e levar para as casas. Seguro que saíron unas riquísimas ensaladas!!

26/9/14

O CORPO HUMANO

Para repasar o que levamos estudado sobre o corpo humano fai as seguintes actividades e comproba o que sabes no botón "evaluación":
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1166732940408&idContent=8333&locale=es_ES&textOnly=false

PINTAR DO NATURAL

Hoxe estivemos rematando o traballo de plástica no que houbo que reproducir do natural un xarro con flores utilizando ceras e acuarelas. Estanos quedando moi bonito, tal e como podedes ver nas fotos. SOMOS UNS ARTISTAS!!!

KANGURINES

Olaaaa!!! Hoxe queremos presentarvos un blogue moi simpático que recolle, entre outras cousas interesantes, as experiencias escolares dos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro. Chámase KANGURINES e podedes visitalo premendo AQUÍ. Dámoslle a benvida e desexámoslle unha feliz andaina virtual. BENVID@S, KANGURINES!!!
http://kangurines.blogspot.com.es/

10/9/14

BENVID@S!!

Xa estamos aquí un novo curso!! Hoxe voltamos a atoparnos cos nosos compañeiros e compañeiras para percorrer xunt@s unha andaina na que seguro teremos boas e novas experiencias, coas que aprenderemos moito e gozaremos aínda máis.
Nenas e nenos de CUARTO, FELIZ CURSO 2014/2015!!