31/10/14

MOCHILAS VIAXEIRAS

Por fin!! Hoxe comezaron a súa andaina as mochilas viaxeiras con estupendos materiais para gozar en familia. Os primeiros afortunados foron Nico e Sara. Aquí están, lucindo as súas flamantes mochilas:

27/10/14

LUZ E COR CON ANTÓN PULIDO

Tal e como xa vos avanzamos, hoxe o alumnado de 3º e 4º de EP visitou a exposición de Antón Pulido. Primeiro fixemos un obradoiro de pintura colectiva, xa que entre tod@s tivemos que facer un tríptico empregando as mesmas cores que utiliza o artista. A verdade é que nos saiu moi ben e quedamos moi satisfeit@s coas nosas obras de arte.
Despois fomos á galería onde estaba a colección de pintura deste autor, desde que comezou a pintar ata a actualidade. Que diferencia das primeiras pinturas!! As cores eran escuras, apagadas, non tiñan LUZ!! Pero despois de un tempo as súas obras están cheas de cores vivas e nunha delas vimos a diferencia entre pintar luz natural e luz artificial. Canto aprendemos e que ben o pasamos!!!
PODES VER MÁIS FOTOS CLICANDO AQUÍ
Para facer o traballo sobre esta visita educativa, utilizaremos a seguinte FICHA (clic AQUÍ)

25/10/14

ANTÓN PULIDO

Dentro do programa de actividades deseñadas arredor do PDI deste ano, o próximo luns, o alumnado de 3º e 4º de EP visitará a exposición antolóxica de Antón Pulido, un dos artistas plásticos máis recoñecidos na actualidade, no Centro Cultural Afundación de Vigo, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Alí, ademais de admirar a obra deste pintor, realizarán un obradoiro titulado «As obras de arte tamén se fan preguntas» co que os nenos e nenas se achegaran ao particular mundo das sensacións, as cores e as escenas de Antón Pulido e descubrirán os múltiples interrogantes que pode esconder unha obra de arte.

24/10/14

O NOSO DÍA DA BIBLIO

Hoxe tivemos un día moi especial pois celebramos o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Levamos toda a semana agardando este día porque a partir de agora xa poderemos gozar da nosa biblio durante todo o curso. O cole estaba precioso, decorado cos fantásticos traballos que fixemos coas nosas familias e que adornaban os corredores e a entrada. Cando chegamos, ás nove, baixamos á biblio onde nos agardaba MIK que estaba vestido cunha bata de científico moi chula. Primeiro, entre tod@s, repasamos as normas para que todo funcione estupendamente:
Despois vimos as exposicións con libros moi noviños que nos encantaron e que estamos desexando ler:
Tamén fixemos a entrega dos carnés e das carpetas da biblio aos nosos novos compañeiros Miguel e Daniel:
Por suposto, non esquecemos recoller as nosas mochilas viaxeiras:
E, para finalizar a visita á nosa biblio, MIK agasallounos cunha lambetada:
Pero a cousa non rematou aí. Despois do recreo asistimos a un espectáculo moi divertido no salón de actos. Todo estaba a escuras pero na entrada había unhas luciñas de cores que escintilaban e quedaban moi ben. A representación foi moi "científica" e tivemos a ocasión de ver "en persoa" uns virus e unhas bacterias moi churrusqueiras pero un pouco trastes (menos mal que contamos cos científic@s para que nos libren delas!!!):
Cando rematou a función apareceu... LUCIÑA!! Ela contounos que hoxe é o Día das Bibliotecas e que por iso fixemos esta festa tan guai:
QUE DÍA TAN ESTUPENDO!! PASÁMOLO XENIAL!! GRAZAS MIK!! Se queres ver as nosas fotos PREME AQUÍ

22/10/14

INVESTIGAMOS ANIMAIS INVERTEBRADOS

Axiña comezaremos a estudar os animais invertebrados e teremos que entrenarnos investigando para completar o noso caderno de animais. No panel lateral da dereita atoparedes o libro de fichas e algunhas páxinas interesantes para facer as vosas consultas. Xa sabedes que despois teredes que convertirvos en expert@s e facer unha conferencia sobre o animal que máis vos guste. Seguro que tod@s xuntos aprenderemos moitas cousas. A INVESTIGAR!!!
COMO PREPARAR UNHA CONFERENCIA

15/10/14

CREAR EN OUTONO

Fai "caras" cos elementos da natureza en outono. Despois podes imprimilas:
http://www.highlightskids.com/media/kids/highlightskids/import/Magazine/Oct07/h1magazineFlashObjects/oct07_LeafCreatures.swf

TRABALLOS BRILLANTES

Xa temos aquí os primeiros traballos para o noso amiguiño MIK. Son auténticas obras de arte!!

8/10/14

APARATO DIXESTIVO

http://www.supersaber.com/digestivo.htm
http://repositorio.educa.jccm.es/portal/odes/conocimiento_del_medio/la_alimentacion/contenido/cm01_oa02_es/index.html

CORPO HUMANO

XOGA E APRENDE:
http://www.tudiscoverykids.com/juegos/cuerpo-humano/
LE A INFORMACIÓN E FAI AS ACTIVIDADES:
http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=El-Cuerpo

MÚSCULOS Y HUESOS

COMPROBA O QUE SABES COAS SEGUINTES ACTIVIDADES:
https://www.cajastur.es/clubdoblea/diviertete/juegos/elcuerpohumano.html
http://www.editorialteide.es/elearning/Primaria.asp?IdJuego=219&IdTipoJuego=2
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos_jcyl/cuerpo_esq/esqueleto_plus.html