28/11/14

LÁMPADA DE SAL

Hoxe, Ania trouxo para a nosa exposición unha preciosa lámpada de sal que se iluminaba coa secuencia de cores do arco da vella. Apagamos as luces e puidemos comprobar o bonito que quedaba. Ania explicounos moi ben o seu funcionamento e a tod@s nos pareceu moi orixinal. GRAZAS, ANIA!!!

UNHA VISITA ESPECIAL

Que sorte!!! Hoxe, Ramsés, de 2º de EP, veu á nosa aula cun obxecto moi interesante relacionado co noso PDI: unha lámpada de aceite que se empregaba hai moitos anos nos barcos. Explicounos de marabilla como funcionaba e con que materiais estaba feita. Encantounos!! GRAZAS, RAMSÉS!!

27/11/14

MÁIS LUZ E TECNOLOXÍA

Hoxe chegaron novos obxectos para a nosa exposición sobre a luz: Álex trouxo unha lámpada de petróleo moi bonita e unha cámara fotográfica bastante antiga e Roi, un periscopio moi chulo co que experimentamos tod@s. Foi xenial!!
MÁIS FOTOS

26/11/14

LUZ E TECNOLOXÍA:

Xa temos na nosa exposición sobre luz e tecnoloxía varios materiais de consulta e algúns obxectos moi interesantes que nos axudarán a entender diferentes aspectos do noso traballo de investigación. Hoxe, Celia trouxo unha fantástica cámara fotográfica moi antiga e Rubén un farol da súa bisavoa. Os dous percorreron todas as aulas de primaria e explicaron con moito detalle o seu funcionamento. Gustounos moitísimo. GRAZAS!!!
MÁIS FOTOS

25/11/14

25 DE NOVEMBRO: lazos malva

Hoxe, os nenos e nenas de cuarto, xunto co resto de compañeiros do cole, luciron na súa roupa uns bonitos lazos malva para por de relevancia a data de hoxe: Día contra a violencia de xénero. Así de guap@s estaban tod@s:








24/11/14

OS DE CUARTO DAN A CARA

Hoxe comezamos a campaña pola igualdade de xénero e, por suposto, os nenos e nenas de cuarto participan cos seus traballos:
Tamén comezamos cos ensaios do spot publicitario. A verdade, sodes uns artistas!!!

21/11/14

PRUEBA DEL NUEVE

Hoy, en clase de matemáticas, aprendimos a usar la "prueba del nueve" en las cuentas de dividir, lo que nos servirá para saber si la operación que hemos hecho está resuelta incorrectamente. Lo que no nos asegura al cien por cien es que la hayamos hecho bien. Por eso, para estar seguros, recurriremos a la prueba tradicional de multiplicar DIVIDENDO por DIVISOR y sumar el RESTO. De todas formas, si quieres practicarla usa la siguiente aplicación (primero haz la cuenta de dividir y luego introduce los datos que te van pidiendo):

17/11/14

MAGOSTO NO COLE

Por fin, hoxe celebramos o magosto no cole. Xa estabamos desexando que a choiva nos deixase!! Pasámolo xenial, xogamos moito e despois comemos as castañas nos nosos artísticos e preciosos cestiños. Ao final "maquillámonos" e quedamos guapísim@s!!
Podes ver a crónica deste día en O recanto de Mik. Fotos de terceiro e cuarto, AQUÍ.

8/11/14

Xa temos a convocatoria para AXUDANTES DA BIBLIOTECA 2014 / 2015. Moitos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º xa presentaron a súa solicitude e firmaron o seu compromiso, pero aínda tes de prazo ata o próximo venres. ANÍMATE!! Máis información en O recanto de Mik

ÁRBORES DE OUTONO

EL PROCESO:
EL RESULTADO:

6/11/14

OS NOSOS CESTIÑOS PARA O MAGOSTO

Xa temos algúns dos artísticos cestiños feitos con materiais reciclados polo alumnado de 3º e de 4º para a celebración do magosto. Mágoa que o tempo non acompañe para que teñamos unha festa moi lucida. Haberá que ter paciencia!!

DIVIDIR POR DOS CIFRAS

3/11/14

UN PREMIO PARA O MESTRES GOLDAR

Pois si!! Hoxe, o noso centro recibiu un premio polo traballo realizado o curso pasado sobre A ALIMENTACIÓN. PARABÉNS A TOD@S!! Tedes toda a información en O recanto de MIK