28/12/14

UNHA NOVA CÁMARA FOTOGRÁFICA

UNHA NOVA CÁMARA FOTOGRÁFICA para a nosa exposición de obxectos e materiais sobre o noso proxecto documental. Desta vez foi Eva a que nos ensinou e explicou o funcionamento deste aparato. Grazas, Eva!!!

23/12/14

O CANGREXO ERMITÁN

O venres tivemos unha nova conferencia, desta vez sobre o cangrexo ermitán. Nico explicounos cousas moi interesantes sobre este animal tan curioso e atendeu moi ben a todas as preguntas que lle fixeron ao finalizar a súa exposición. Tamén nos trouxo unha sorpresa moi chula: a reprodución dun cangrexo, coa súa concha-casa, feito en colaboración coa súa nai. Encantounos a tod@s!! Aquí tendes as fotos do animaliño tan artístico que nos fixo:
Tamén nos recomendou visionar o seguinte vídeo, onde se ve como o cangrexo cambia de concha:

22/12/14

O NAUTILUS

E aquí está a conferencia de Denís sobre o nautilus. Que animal tan interesante!!! Parabéns, Denís, por tan bo traballo!!!

21/12/14

OS TRABALLOS DE NADAL

Aquí está unha pequena mostra dos traballos que o alumnado de cuarto estivo facendo estes días. Son uns artistas!!

19/12/14

FESTIVAL DE NADAL 14/15

Xa temos, recén saídas do forno, as imaxes do festival de inverno deste ano (vídeo e fotos). Como sempre, fixemos unha representación teatral, HISTORIA DUN SOL NACENTE, na que participou todo o alumnado do centro. Ao finalizar a obra, houbo sorteo de agasallos da ANPA. Pasámolo xenial e os nenos e nenas demostraron, unha vez máis, que son uns auténticos actores e actrices. Tamén temos que agradecer ao profe Toniño a creación e organización do evento, e ao profesorado a súa imprescindible colaboración. PARABÉNS a tod@s por tan magnífico traballo!!!!
E AQUÍ podedes ver moitas máis fotos moi chulas e simpáticas.

17/12/14

OS VAGALUMES

Seguimos coas conferencias que nos teñen preparadas os nenos e nenas de cuarto. Están resultando moi interesantes e moi ben expostas. Onte tocoulle o turno a Celia , que nos falou dos vagalumes, e a Denís, que nos deu unha charla sobre o nautilus. De momento, gozade coas explicacións de Celia: PARABÉNS, CELIA!!

15/12/14

ÁRBORE DE ILUSIÓNS

Achégase o Nadal e xa anda o noso amiguiño MIK argallando novas e divertidas actividades. Desta vez, como é natural, pediunos axuda para decorar a nosa árbore de ilusións para que nos quedara moi luminosa e chea de bos desexos para compartir con todos os nenos e nenas do mundo. Como sempre, recibimos unha carta coas instrucións da tarefa de debiamos realizar. Tamén viña acompañada cunhas bombilliñas moi feitucas nas que tiñamos que escribir os nosos desexos.
E, claro, puxémonos mans á obra inmediatamente. Primeiro fixemos os grupos e redactamos os nosos desexos:
Despois decidiron cal ían colocar na súa bombilla e decoraron:
Por último, baixaron á biblioteca e colocaron as súas bombillas cos desexos:
Os máis rápidos foron os nenos e nenas de terceiro e cuarto. Mañá continuarán coa decoración o resto dos grupos. Vai quedar unha árbore PRECIOSA!! Podes ver todas as fotos AQUÍ

14/12/14

NOVOS OBXECTOS PARA A NOSA COLECCIÓN

Xa imos tendo unha exposición digna dos museos máis reputados!! Esta semana, Pedro, un alumno de terceiro EP, achegou novos magníficos obxectos: uns prismáticos, unha lanterna multiusos e ata un telescopio!!!:
PARA VER TODOS OS MATERIAIS PREME AQUÍ