9/1/15

A ESCOLOPENDRA

Retomamos, á volta das vacacións, o noso ciclo de conferencias sobre invertebrados. Hoxe, o experto foi Miguel, que nos falou das escolopendras. Aínda que este animal pode verse con certa frecuencia resúltanos bastante descoñecido e, en moitas ocasións, observámolo con recelo. Agora, grazas a Miguel, sabemos unha morea de cousas interesantes e seguro que, cando nos atopemos cun exemplar destes curiosos animais, xa nos parecerá máis amigable. PARABÉNS, Miguel!!!
Para lembrar o contido da conferencia de Miguel, aquí tendes o vídeo:

1 comentario: