6/1/15

QUE CHE TROUXERON OS REIS MAGOS?

Xa chegaron os Reis Magos aos fogares dos nenos e nenas de todo o mundo. Por alí pasaron, deixaron os seus agasallos e, en moitas ocasións, comeron mazapán ou turrón. E a ti, que che trouxeron? Se queres compartir coa nosa comunidade a túa alegría, podes contalo nun comentario. Se non fuches moi afortunado (ou portácheste mal), cóntanolo tamén! Se prefires enviar unha foto ao correo bibliotics3@gmail.com incluirémola no álbum de agasallos da aula de cuarto. Agardo que tod@s teñades recibido bonitos regalos e que gozarades do día coas vosas familias, porque as vacacións de Nadal rematan xa e toca volver ao traballo. Vémonos axiña!!! Moitos bicos ratunos!!
MIK

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada