11/5/15

A LUZ DESPRÁZASE EN LIÑA RECTA

Hoxe demostramos cun novo experimento que a luz viaxa en liña recta e que a superficie da auga reflicte a luz como se fose un espello.
Necesitamos:
  • Un recipiente transparente.
  • Auga e un pouco de leite.
  • Unha cartolina branca.
  • Unha lanterna (se tes unha lanterna Led de luz máis luminosa, funcionará mellor)
REALIZACIÓN:
Enche o recipiente de auga e ponlle unhas gotas de leite para facer máis visible o raio de luz (só unhas gotas, senón non poderás ver nada).
A) Emítese un raio de luz  na parte externa e diríxese de tal maneira que atravese o tarro. Pódese observar craramente que o raio se despraza en liña recta dentro do recipiente. (Veralo mellor nun cuarto escuro).
B) Nun cuarto escuro coloca o recipiente coa auga e o leite nun lugar onde poidas iluminalo dende abaixo. Prende a lanterna e busca o ángulo apropiado para ver como o raio de luz cruza a través da auga e ao chegar á superficie, esta actúa como un espello reflectindo a luz.

QUE SUCEDE?
O leite absorbe as cores da luz branca agás o vermello/laranxa que atravesa o líquido demostrando que a luz viaxa en liña recta. Ademais, se empregamos unha lanterna de luz branca poderemos ver na cartolina a cor que non é absorbida polo leite.
Por outra banda, somos capaces de ver o raio atravesando o líquido porque este reflicte a luz que incide nel (reflexión).
Ao facer incidir un raio láser, coa superficie do líquido, pódese observar que parte do raio atravesa a superficie e outra parte se reflicte nesta, sendo de maior intensidade o raio reflectido.
Xa sabedes, practicádeo na casa para poder explicarllo aos compañeir@s!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada