6/5/15

EXPERIMENTAMOS COA LUZ E COA COR: UNHA MOEDA QUE FLOTA

Hoxe realizamos un novo experimento dentro do PDI sobre a luz. Con esta actividade tentamos comprender dúas propiedades da luz: a reflexión e a refracción. Así se desenvolveu:
Necesitamos: Unha moeda, un recipiente opaco e auga
REALIZACIÓN:
Colócase a moeda no fondo do recipiente baleiro. A luz que sae da moeda transmítese en liña recta e chega ata o noso ollo. Ao baixar un pouco a posición do ollo, a moeda desaparece xa que o recipiente é opaco e a traxectoria da luz reflectida polo obxecto non chega aos nosos ollos. Ao encher o recipiente con auga, a moeda aparece de novo, dando a sensación de que flota sobre o nivel da auga.
Que ocorreu?? Agora toca investigar por que vemos a moeda flotando na auga. Unha pista: pensa que se trata dunha das propiedades da luz e de como esta se desplaza nos distintos medios (aire e auga).
Unha variedade deste experimento podes velo AQUÍ, AQUÍ e AQUÍ. Ata podes facer un truco de maxia!!!




1 comentario: