3/6/15

ENCONTRO CON ANTÓN CORTIZAS

O martes, 2 de xuño, o alumnado de cuarto recibiu na biblioteca a visita de Antón Cortizas, autor de Vaia tropa!, o libro de poemas que estiveron lendo este trimestre. Foi unha experiencia fantástica! Primeiro, o escritor contounos moitas cousas sobre a súa vida e a súa obra. Demostrounos que os limericks do seu libro imitan o ritmo da pandeirada! Tamén nos falou con especial cariño de Memorias dun río, coa que gañou o premio Barco de Vapor, e de O merlo de ferro e A merla de trapo, coas que quixo facer unha homenaxe aos seus pais. Despois divertímonos moito facendo papiroflexia (coa que repasamos matemáticas!) Aprendemos a elaborar un "bico de galo" para xogar ás adiviñas, e algúns de nós logramos facer soar un chifre de papel. Para finalizar, Antón asinou os nosos exemplares cunhas fermosas dedicatorias, todas elas con preciosos rechouchíos. Como agradecemento, tiñamos elaborado un mural no que recollemos os nosos propios limericks, creacións inspiradas nos poemas que lemos, e quedamos encantados cando nos dixo que lle gustaba moito. GRAZAS, ANTÓN!! Pasámolo xenial!!
 
 
 
 

Podes ver máis fotos AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario