14/11/15

Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade

Científicos e naturalistas galegos destacan a riqueza biolóxica das illas e confían en que a súa declaración como Patrimonio da Humanidade garanta a protección dun hábitat privilexiado. A Alcaldía de Vigo, xunto coa Universidade, CSIC, Instituto Español de Oceanografía, Consellería de Medio Ambiente, Turismo de Galicia e Confederación de Empresarios, entre outras institucións e organismos, expresaron o seu total apoio á proposta ao considerar o arquipélago un "enclave privilexiado, excepcional", ademais de "emblemático para a cidade", que "merece unha consideración mundial". Para promocionar esta candidatura, o Concello de Vigo, xunto co Faro de Vigo patrocinan un concurso de debuxo e redacción para escolares de EP e da ESO, co lema "Cíes, o paraíso de todos". Se queres participar podes ler as bases AQUI
http://www.farodevigo.es/especiales/islas-cies-patrimionio-humanidad/
Preme na imaxe para acceder a web

2 comentarios:

  1. Adriana:
    Estoy muy contenta, me dieron el tercer premio de redacción del concurso

    ResponderEliminar
  2. GENIAL, ADRIANA!!! ENHORABUENA!!!

    ResponderEliminar