30/1/15

DÍA DA PAZ 14/15

Hoxe celebramos co resto de compañeir@os o Día Escolar pola Paz. Aínda que o tempo non nos permitiu baixar ao patio, reunímonos no ximnasio coa intención de reivindicar unha vez máis que a PAZ é indispensable para a convivencia. Levamos a nosa pombiña luminosa e puxemos as pegatinas da PAZ. Despois, o alumnado de quinto e sexto leu un precioso MANIFESTO POLA PAZ e, a continuación, todos xuntos cantamos e bailamos ao son da "carrasquiña": Máis fotos no RECANTO DE MIK

28/1/15

AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Practica o que traballamos na clase coas seguintes actividades:
(Fíxate na parte esquerda do xogo para cambiar o nivel de dificultade)

26/1/15

O ESCARAVELLO GOLIAT, O CHOCO E O CARACOL

Hoxe rematamos o ciclo de conferencias deste curso con tres invertebrados ben interesantes: o escaravello Goliat, o choco e o caracol. Os expert@s foron David H., Rubén e Lía, que o fixeron moi ben e responderon a todas as preguntas que lles plantexaron ao finalizar as súas exposicións. PARABÉNS a todos os nenos e nenas e, por suposto, grazas ás familias pola súa implicación, sen a cal non sería posible realizar esta actividade.
Agora podedes ver os vídeos:

23/1/15

ESTRELA DE MAR, OFIURA, BOLBORETA DE CRISTAL, CABALIÑO DO DEMO AZUL E CHINCHE ACUÁTICA XIGANTE

Este venres tivemos a axenda das conferencias moi completiña. Participaron os seguintes expertos e expertas:Estela (chinche acuática xigante), Daniel (a estrela de mar), Sara ( Ofiura), Andrea (cabaliño do demo azul), Eva (bolboreta de cristal). Como vedes, todos son animais curiosos e moi interesantes. Ademáis dos datos que nos aprenderon, tamén trouxeron uns obxectos relacionados cos seus temas que nos deixaron abraiados. Estela trouxo unha auténtica chinche xigante que puidemos ver detidamante, que grande era!; Sara trouxo unha reprodución moi chula dun ofiura feita en plastilina. E Eva, unha feituquiña bolboreta de cristal que nos encantou a todos. GRAZAS por compartir con nós eses obxectos tan fantásticos que están decorando a nosa aula magnificamente!!
Agora van os vídeos:

22/1/15

MEDUSA "MELENA DE LEÓN", ABESOURO, POLBO E ARAÑA VIÚVA NEGRA

Catro interesantes animais e catro fantásticos expert@s!!! Hoxe fixeron as súas conferencias: Roi (medusa "melena de león"), Lara (abesouro), Sonia (polbo) e Ania (viúva negra). Os catro realizaron moi ben as súas exposicións e responderon a todas as preguntas que plantexaron os seus compañeiros e compañeiras. Tamén tivemos a ocasión de ver un abesouro real que nos trouxo Lara. PARABÉNS aos catro por tan bo traballo!!!
Teremos os vídeos moi pronto. Estade atent@s!! Aquí está o vídeo de Roi: Aquí, o de Lara: Mañá, máis!!! Hoxe xa podemos ver os vídeos de Sonia e Ania:

21/1/15

CABALIÑO DO DEMO, OURIZO DE MAR E FORMIGA VERMELLA

Estes foron os tres animais protagonistas das conferencias de hoxe: o cabaliño do demo, os ourizos de mar e as formigas vermellas; e os expert@s que nos explicaron moitísimas cousas deles foron Lucía, Nerea e Gustavo. Ademáis da información que nos achegaron, puidemos gozar dunha preciosa manualidade feita por Lucía; Nerea trouxo varios esqueletos de ourizos, que veremos mañá detidamente; Gustavo mostrounos cunha presentación todas as imaxes que recolleu e convidounos a ver un vídeo sobre a alimentación das formigas. PARABÉNS aos tres, gustounos moito!!!
Axiña poderedes ver todos os vídeos. De momento, aí vai o de Lucía: Tamén está listo o de Nerea: Aquí, o de Gustavo:

20/1/15

AS MEDUSAS

A conferencia de hoxe tratou sobre as medusas e o experto nestes curiosos animais foi Anxo. Que cousas tan interesantes nos contou!! Falounos da medusa máis grande, da máis perigosa e mesmo descubrimos que hai unha medusa INMORTAL!! Despois de rematar a súa exposición, mostrounos unha medusa moi chula que fixo a súa nai, explicounos como a elaborou e tamén os materiais empregados. PARABÉNS, ANXO!!

19/1/15

OCÉANOS E CONTINENTES

Para repasar o que traballamos na aula practica coas seguintes actividades (primeiro, clic en "mirar", despois "jugar")

15/1/15

ARAÑA ERRANTE BRASILEIRA

A conferencia de hoxe tratou sobre a araña errante brasileira, un pequeno animal temible polo perigoso da súa picadura. Grazas a Álex, coñecemos moitos datos sobre este invertebrado que, por sorte, ten o seu hábitat lonxe de nós.
Para lembrar o que nos contou aquí tendes o vídeo. PARABÉNS, Álex!!! Agora podedes ir aprendendo e cantando este "Rap dos arácnidos". É moi divertido!!! Tamén podedes ver este impresionante vídeo que nos mostra un corto documental de 4 minutos que National Geographic fixo sobre a Araña errante brasileira. Está en inglés pero paga a pena velo.

9/1/15

A ESCOLOPENDRA

Retomamos, á volta das vacacións, o noso ciclo de conferencias sobre invertebrados. Hoxe, o experto foi Miguel, que nos falou das escolopendras. Aínda que este animal pode verse con certa frecuencia resúltanos bastante descoñecido e, en moitas ocasións, observámolo con recelo. Agora, grazas a Miguel, sabemos unha morea de cousas interesantes e seguro que, cando nos atopemos cun exemplar destes curiosos animais, xa nos parecerá máis amigable. PARABÉNS, Miguel!!!
Para lembrar o contido da conferencia de Miguel, aquí tendes o vídeo:

6/1/15

QUE CHE TROUXERON OS REIS MAGOS?

Xa chegaron os Reis Magos aos fogares dos nenos e nenas de todo o mundo. Por alí pasaron, deixaron os seus agasallos e, en moitas ocasións, comeron mazapán ou turrón. E a ti, que che trouxeron? Se queres compartir coa nosa comunidade a túa alegría, podes contalo nun comentario. Se non fuches moi afortunado (ou portácheste mal), cóntanolo tamén! Se prefires enviar unha foto ao correo bibliotics3@gmail.com incluirémola no álbum de agasallos da aula de cuarto. Agardo que tod@s teñades recibido bonitos regalos e que gozarades do día coas vosas familias, porque as vacacións de Nadal rematan xa e toca volver ao traballo. Vémonos axiña!!! Moitos bicos ratunos!!
MIK

3/1/15

YA SE ACERCAN LOS REYES MAGOS!!

Los Reyes Magos y Papá Noel se han modernizado. Estas navidades los puedes tener más cerca de lo que te imaginas. ¿Te gustaría recibir en tu ordenador a mágicos personajes como los Reyes Magos o Papá Noel, y que te dediquen un mensaje especial? Pues es posible a través de Navidades Sorprendentes, una web ideal para hacer de estas fechas las más fantásticas y mágicas. Seguro que te sorprenderás y te quedarás con la boca abierta… Una vez estás en la web, ya estás conectado con toda la magia que te trae la Navidad. Es ese portal el que te traerá el mensaje de los Reyes o de Papá Noel, el que sea de tu preferencia. Debes dejarles unas pistas de quién eres para que al final recibas tu mensaje. Pones tu nombre, edad y les cuentas si te has portado bien, si has hecho los deberes, si te comes toda la comida y esas cosas que niños y niñas de tu edad deben hacer. ¡Ah! Pero también debes contarles lo que has hecho mal, y debes ser sincer@ porque sabes que ellos lo descubren todo.
Una vez que les hayas dado esas pistas sobre ti, espera a que se cargue el video y sorpréndete con todo lo que te dicen. ¿Te gusta la idea? Y para finalizar, puedes escribirles tu carta directamente para que les llegue más rápido o enviar una felicitación a la persona que más quieras. (Fuente de la imagen: Navidades sorprendentes)