30/4/15

FIXEMOS O MAIO!!!

Hoxe celebramos o "maio" no noso cole!! Mágoa que o día nos nos permitira facer a celebración no patio pero, aínda así, luciu florido e fermoso no centro do ximnasio. Traballamos arreo co fiuncho, as flores e todos os adobíos cos que creamos entre tod@s unha fantástica obra de arte para festexar a chegada da primavera e o renacer da natureza. E non faltou o "toque" especial relacionado co noso PDI: unha bombilliña moi feituca que alumeaba no alto do maio. Que ben cantamos as coplas e que guap@s estabamos coas nosas coroas, pulseiras e colares!! Pasámolo xenial!!
PODES VER MOITAS MÁIS FOTOS SIMPÁTICAS EN O RECANTO DE MIK

23/4/15

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DE CUARTO VISITAN A AULA DE PRIMEIRO

Hoxe fixéronse os sorteos para o apadriñamento lector nas aulas de E. Infantil e nas de primeiro e segundo de EP. O alumnado de cuarto visitou aos afillad@s de primeiro. Levaron as súas artísticas tarxetas lectoras, que serviron para realizar o sorteo e para presentarse. Estabamos un pouco nerviosos e impacientes por saber con quen compartiremos lecturas mañá. Foron uns momentos moi emocionantes!!
Podes ver moitas fotos chulísimas AQUÍ

19/4/15

O BRANCO É UNHA COR?

Averíguao vendo o seguinte vídeo:
http://www.kids.csic.es/cuentos/cuento5.html

ISAAC NEWTON

Preme na imaxe para ler a biografía de Newton:
http://www.kids.csic.es/cientificos/newton.html

17/4/15

CÍRCULO DE NEWTON

Seguimos experimentando coa luz e coa cor. Hoxe elaboramos o círculo de Newton e conseguimos entender como a mestura das sete cores do arco da vella producen a cor branca. Saíunos moi ben e pasámolo xenial.
Podes ver fotos moi divertidas do noso experimento AQUÍ
O próximo experimento terá que ver coa velocidade da luz en distintos medios (aire e auga). Sabes como se chama este fenómeno???

16/4/15

FABRICANDO O ARCO DA VELLA

Hoxe realizamos o experimento que demostra a descomposición da luz branca. Por equipos, os nenos e nenas conseguiron fabricar pequeniños arcos da vella. PARABÉNS!!!
Tamén conseguimos preciosos arcos da vella descompoñendo a luz cun CD reciclado:
PODES VER MOITAS MÁIS FOTOS AQUÍ
E agora... UN RETO!!!!
Seremos capaces de facer o experimento á inversa, é dicir, conseguir a cor branca xuntando as sete cores?? Como debemos facer?

15/4/15

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

Hoxe, na biblioteca do cole, tivemos a segunda sesión do obradoiro "Camiña con nós pola igualdade". Falamos sobre a igualdade de oportunidades para os dous xéneros e estableceuse un debate moi interesante. Os nenos e nenas tamén expuxeron as súas experiencias persoais. Resultou moi proveitoso e entretido.

13/4/15

MENSAXE DE MIK!!

Atención, nenas e nenos!!! Hoxe, na biblioteca recibimos unha carta de MIK. Como sempre, temos unha nova misión!! Se queres saber o que nos pide desta vez, preme na imaxe:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/carta_mik_libro15.pdf

CONCURSO AQUALIA

Para celebrar el Día Mundial del Agua, y bajo el título Llena tu mundo de vida, llega la XIII edición del Concurso Internacional de Dibujo Infantil. Preme na imaxe para acceder a toda a información:
http://www.aqualia.es/infantil/concurso/anual-dibujo-2015/index.html