29/5/15

EXPERIMENTOS: A AUGA REFLICTE A LUZ E UNHA LUZ MÁXICA

Hoxe foron Ania e Estela as que nos presentaron os seus experimentos, ámbolos dous relacionados coa reflexión da luz. Primeiro, Ania demostrou que a auga reflicte a luz. Así o fixo:
Despois, Estela experimentou novamente coa reflexión da luz utilizando dous espellos:


27/5/15

VÍDEOS: UN VASO INVISIBLE - CUBIÑOS QUE DESAPARECEN

CUBIÑOS QUE DESAPARECEN

Gustavo realizou para os seus compañeiros e compañeiras o experimento "Cubiños que desaparecen" para o que utilizou cubiños de xel transparente, auga e un recipiente de cristal. Todos puidemos comprobar como os cubiños se facían invisibles mentres que as canicas de cores seguían véndose a través da auga e do cristal. Estivo xenial!! Mañá será Lía a que explique o seu experimento.

21/5/15

UN VASO INVISIBLE

Hoxe tocoulle a Rubén realizar o seu experimento relacionado coas propiedades da luz. Tod@s quedamos abraiados ao ver desaparecer diante dos nosos ollos un vaso cheo de aceite. Pois si, semella cousa de maxia pero é pura ciencia! De novo a reflexión e a refracción da luz teñen moito que ver co que sucedeu. Así nolo explicou Rubén:
Ver todas as fotos: EXPERIMENTOS 1 - EXPERIMENTOS 2

ANIVERSARIO DE CELIA

Esta semana Celia compartiu con todos os compañeiros e compañeiras unha simpática e apetitosa torta para celebrar o seu cumpreanos. Estaba riquísima. GRAZAS, CELIA!!

15/5/15

NOVOS EXPERIMENTOS COA LUZ

Hoxe os nenos e nenas de cuarto, do Departamento Científico EP34, realizaron para os seus compañeir@s os experimentos coa luz que eles mesmos buscaron e prepararon nas súas casas. Fixérono estupendamente. PARABÉNS a tod@s!!
EVA E ANDREA: A LUZ DESPRÁZASE EN LIÑA RECTA (repaso)
ÁLEX: LUZ EN ZIG-ZAG
CELIA: FIGURAS CON ESPELLOS E BOTÓNS
NEREA E SOFÍA: O LAPIS SEMELLA QUE SE ROMPE
ROI: ARCO DA VELLA CUN PRISMA TRANSPARENTE
NICO: 1ª LEI DE NEWTON (A INERCIA)
(Aínda que o experimento non está relacionado coa luz, resultou moi interesante)
ANXO: A MOEDA QUE DESAPARECE
DANI, LUCÍA, MIGUEL, DENÍS, LARA E DAVID H: FERVENZA DE LUZ
O próximo día faremos os experimentos que faltan. Seguro que serán moi interesantes! Se queres ver todas as fotos de hoxe, preme AQUÍ
TAMÉN TEMOS VÍDEOS:

DEPARTAMENTO CIENTÍFICO DE TERCEIRO

Para ver os experimentos dos nenos e nenas de terceiro, preme nas estrelas da imaxe de abaixo. https://www.thinglink.com/scene/655633039639969794

11/5/15

A LUZ DESPRÁZASE EN LIÑA RECTA

Hoxe demostramos cun novo experimento que a luz viaxa en liña recta e que a superficie da auga reflicte a luz como se fose un espello.
Necesitamos:
  • Un recipiente transparente.
  • Auga e un pouco de leite.
  • Unha cartolina branca.
  • Unha lanterna (se tes unha lanterna Led de luz máis luminosa, funcionará mellor)
REALIZACIÓN:
Enche o recipiente de auga e ponlle unhas gotas de leite para facer máis visible o raio de luz (só unhas gotas, senón non poderás ver nada).
A) Emítese un raio de luz  na parte externa e diríxese de tal maneira que atravese o tarro. Pódese observar craramente que o raio se despraza en liña recta dentro do recipiente. (Veralo mellor nun cuarto escuro).
B) Nun cuarto escuro coloca o recipiente coa auga e o leite nun lugar onde poidas iluminalo dende abaixo. Prende a lanterna e busca o ángulo apropiado para ver como o raio de luz cruza a través da auga e ao chegar á superficie, esta actúa como un espello reflectindo a luz.

QUE SUCEDE?
O leite absorbe as cores da luz branca agás o vermello/laranxa que atravesa o líquido demostrando que a luz viaxa en liña recta. Ademais, se empregamos unha lanterna de luz branca poderemos ver na cartolina a cor que non é absorbida polo leite.
Por outra banda, somos capaces de ver o raio atravesando o líquido porque este reflicte a luz que incide nel (reflexión).
Ao facer incidir un raio láser, coa superficie do líquido, pódese observar que parte do raio atravesa a superficie e outra parte se reflicte nesta, sendo de maior intensidade o raio reflectido.
Xa sabedes, practicádeo na casa para poder explicarllo aos compañeir@s!!

DEPARTAMENTO CIENTÍFICO EP34 EN ACCIÓN!!

Hoxe tivemos novas sesións de experimentos. Desta vez, o departamento científico de cuarto realizou e explicou dúas actividades para os compañeiros e compañeiras de terceiro. Fixérono moi ben. PARABÉNS!!! A próxima vez serán outros científic@s os que fagan as explicacións. Ide preparándoas.

FOTOS DOS EXPERIMENTOS

8/5/15

NOVO EXPERIMENTO COA LUZ

Hoxe demostramos que a auga actúa como unha lente de aumento cando vemos os obxectos a través dela. Novamente interveñen as propiedades da reflexión e refracción da luz. Como curiosidade, conseguimos ver os obxectos invertidos, semellante ao que ocorre no proceso da visión. Para finalizar algunhas nenas atrevéronse a realizar e explicar os experimentos aos compañeir@s. Como auténticas científicas!!

Actualización:
Que sucede?

A luz refráctase ao pasar polo tarro con auga . Os raios desvíanse igual que unha lente de aumento. Esta lente ten unha distancia focal moi pequena, polo que presenta as imaxes invertidas dos obxectos que se encontran un pouco afastados do tarro. Que acontece se afastas ou achegas os obxectos ao tarro?
Podedes ver as fotos de todos os experimentos AQUÍ

DÍAS DE TEATRO

O Concello de Vigo deu comezo ás VI Xornadas Municipais de Teatro Escolar nas que participa o noso centro coa obra Deslumbrados, dirixida por Antón López e interpretada polo alumnado de terceiro, cuarto e sexto de E. Primaria, coa colaboración de varias mamás pertencentes á ANPA.
O xoves, día 7, o Mestres Goldar foi un dos catro colexios que representaron magníficamente a súa obra teatral. Despois, os actores e actrices presenciaron, moi atentos e respectuosos, a actuación do resto dos colexios que participaban ese día:
PARABÉNS A TOD@S!!
Podedes ver moitas máis fotos AQUÍ

6/5/15

EXPERIMENTAMOS COA LUZ E COA COR: UNHA MOEDA QUE FLOTA

Hoxe realizamos un novo experimento dentro do PDI sobre a luz. Con esta actividade tentamos comprender dúas propiedades da luz: a reflexión e a refracción. Así se desenvolveu:
Necesitamos: Unha moeda, un recipiente opaco e auga
REALIZACIÓN:
Colócase a moeda no fondo do recipiente baleiro. A luz que sae da moeda transmítese en liña recta e chega ata o noso ollo. Ao baixar un pouco a posición do ollo, a moeda desaparece xa que o recipiente é opaco e a traxectoria da luz reflectida polo obxecto non chega aos nosos ollos. Ao encher o recipiente con auga, a moeda aparece de novo, dando a sensación de que flota sobre o nivel da auga.
Que ocorreu?? Agora toca investigar por que vemos a moeda flotando na auga. Unha pista: pensa que se trata dunha das propiedades da luz e de como esta se desplaza nos distintos medios (aire e auga).
Unha variedade deste experimento podes velo AQUÍ, AQUÍ e AQUÍ. Ata podes facer un truco de maxia!!!