19/6/15

FELIZ VERÁN!!!

UN EQUIPO XENIAL!!!
Hoxe rematamos o curso 2014/2015!! Parabéns a tod@s polo voso estupendo traballo!! Que teñades un verán espléndido e que gocedes dunhas fantásticas vacacións coas vosas familias. A descansar e a xogar moito pero... non esquezades repasar un pouquiño para comezar o vindeiro curso coas cousas fresquiñas. Moitas grazas polos bos momentos que compartimos e unha morea de bicos e apertas para tod@s!!! (Grazas a Rubén polo riquísimo biscoito e a Gus polas súas exquisitas e artísticas galletas.)
MÁIS BICOS

17/6/15

VÍDEO CON MENSAXE: GOZA DA VIDA... LENDO!!

A crónica das actuacións de hoxe e todas as fotos en "O RECANTO DE MIK"

TRABALLO EN EQUIPO

O alumnado de cuarto de EP, ao igual que o resto de nenas e nenos do cole, están rematando os últimos traballos relacionados co PDI deste curso. Metidos na tarefa de busca de información para preparar, en equipo, varios murais que recollen información sobre Newton, Edison, Galileo Galilei e Antón Pulido. Antes de poñerse a traballar tiveron que pensar, falar e tomar acordos e decisións, repartir tarefas... nunha palabra, PLANIFICAR.Aquí os tendes metidos en faena:
E estes son os resultados:
Agora, cada equipo ten que "defender" o seu traballo ante o resto dos compañeir@s:

3/6/15

AS ANTIGAS CIVILIZACIÓNS: EXIPTO

Para coñecer moitas cousas sobre este pobo incrible, mira con atención o seguinte vídeo:

ENCONTRO CON ANTÓN CORTIZAS

O martes, 2 de xuño, o alumnado de cuarto recibiu na biblioteca a visita de Antón Cortizas, autor de Vaia tropa!, o libro de poemas que estiveron lendo este trimestre. Foi unha experiencia fantástica! Primeiro, o escritor contounos moitas cousas sobre a súa vida e a súa obra. Demostrounos que os limericks do seu libro imitan o ritmo da pandeirada! Tamén nos falou con especial cariño de Memorias dun río, coa que gañou o premio Barco de Vapor, e de O merlo de ferro e A merla de trapo, coas que quixo facer unha homenaxe aos seus pais. Despois divertímonos moito facendo papiroflexia (coa que repasamos matemáticas!) Aprendemos a elaborar un "bico de galo" para xogar ás adiviñas, e algúns de nós logramos facer soar un chifre de papel. Para finalizar, Antón asinou os nosos exemplares cunhas fermosas dedicatorias, todas elas con preciosos rechouchíos. Como agradecemento, tiñamos elaborado un mural no que recollemos os nosos propios limericks, creacións inspiradas nos poemas que lemos, e quedamos encantados cando nos dixo que lle gustaba moito. GRAZAS, ANTÓN!! Pasámolo xenial!!
 
 
 
 

Podes ver máis fotos AQUÍ