23/4/16

OBRADOIRO DE RECICLAXE: "VIGO RECICLA"

O 19 de abril o alumnado de segundo, terceiro e cuarto de EP participou no obradoiro de reciclaxe "Vigo recicla", patrocinado polo concello de Vigo. Con esta actividade preténdese concienciar a rapazada sobre a importancia e a necesidade de coidar o medio ambiente mediante a reciclaxe de residuos, para o que é imprescindible a correcta separación nos diferentes colectores. Despois de estar moi atent@s ás explicacións, realizaron unha práctica na que debían depositar cada residuo no colector adecuado. Fixérono moi ben e, ao finalizar, recibiron uns estupendos agasallos. PARABÉNS!!!
Máis fotos AQUÍ

2 comentarios: