18/4/16

UNHA NOVA CONFERENCIA E UNS EXPERT@S MOI ESPECIAIS!!

Hoxe tivemos unha visita moi especial!! Os papás de Ramsés, Balbi e Armando, estiveron con nós esta mañá para ofrecernos unha fantástica conferencia sobre os materiais empregados e o proceso de fabricación dos coches da factoría Citroën. Resultou moi interesante ver paso a paso como se van transformando as materias primas ata que se convirten nos elementos que forman parte dun coche, o traballo que realizan as máquinas e as persoas e como, finalmente, chegan os automóviles ás nosas casas. Tamén nos ensinaron a evolución dos modelos desta marca a través dos anos e mesmo puidemos ver algúns prototipos que nos impresionaron un montón. ENCANTOUNOS!! MOITAS GRAZAS por dedicarnos tan xenerosamente o voso tempo e, por suposto, polos agasallos tan chulos que nos trouxestes.

3 comentarios:

  1. Boas noites, son o papá de Ramsés, encantounos compartir con vos ese tempo que nos prestastes esta mañán para contarvos cal e o noso traballo. Esperamos que vos gustara, e moitas grazas pola atención que nos mostrastes.

    ResponderEliminar
  2. Xenial!!! Gracias Armando e Balbi!!! Una pena os nenos que están enfermos e non o pudieron ver...a Jorge deulle moita rabia non poder estar...pero xa habera outra ocasión.Sodes xeniales

    ResponderEliminar