22/6/16

A MERENDOLA DE TERCEIRO

Hoxe, para despedir o curso, o alumnado de terceiro gozou dunha riquísima "merendola" no patio do recreo, á sombra das árbores que fixeron, co seu fresquiño, que todo soubera mellor. O día anterior planificaron, organizaron, tomaron decisións conxuntas e repartiron tarefas, demostrando, co seu bo facer, moito compañeirismo e responsabilidade. Os meus PARABÉNS por formar tan espléndido equipo, por ser tan xenero@s e por saber compartir!!! Por suposto, moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
MÁIS FOTOS

5 comentarios: