15/6/16

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES

Como actividade FIN DE PROXECTO, o venres, 10 de xuño, todo alumnado de E. Primaria do centro compartiu unha xornada inesquecible no incomparable marco natural das Illas Cíes, o noso paraíso, do que nos gabamos, queremos e coidamos como a máis fermosa das xoias que a natureza nos ofrece. Especialmente ilusionados estaban os nenos e nenas de terceiro xa que durante todo o curso estiveran traballando e investigando sobre estas illas marabillosas. A aventura comeza no momento en que, un pouco impacientes e algo nerviosos, chegamos ao porto para embarcar rumbo ás illas. Para algúns foi a súa primeira viaxe en barco!!!
Despois de 45 minutos de travesía pisamos o peirao á beira do areal de Rodas. A continuación, o noso grupo realizou a ruta ata o Alto do Príncipe, acompañados de Diego, o guía que no ía mostrando os incribles tesouros que se espallan pola zona: vexetación, aves, dunas, rochas...
Finalmente, chegamos ao cume desde onde puidemos contemplar unha paisaxe magnífica e mesmo nos sentamos na "silla da raíña":
Despois da camiñata baleiramos as mochilas coa fame que tiñamos.
Despois de comer, reunímonos na praia onde xogamos, falamos, rimos e refrescámonos un pouco. E chegou a hora de regresar, polo que camiñamos de novo cara o barco que nos levaría ata Vigo. Mentras navegabamos non deixamos de mirar hacia atrás, vendo como as illas que nos acolleran ían quedando cada vez máis lonxe. Ao chegar a Vigo tod@s estabamos moi contentos por ter vivido unha experiencia tan fantástica. SEGURIÑO QUE AXIÑA VISITAREMOS DE NOVO AS CÍES!!! Podedes ver todas as fotos de terceiro facendo CLIC AQUÍ. Se queredes ver unha morea de fotos chulísimas dos compañeir@s doutros cursos, clic AQUÍ
Tamén podes ler a crónica da viaxe en O RECANTO DE MIK

9 comentarios:

  1. Que ben o pasamos...Encantoume estar na Praia de Rodas.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a Diego aprendimos moitos animais e plantas e logo fomos
    a Praia de Rodas.

    ResponderEliminar
  3. En CIES o pasamos moi ben .
    Es un autentico paraiso.

    ResponderEliminar
  4. estuvo moi ben ir as cies , parece que vimos para estar de vacacions

    ResponderEliminar
  5. GUSTOUME MOITO ESTA SAIDA DE FIN DE CURSO

    ResponderEliminar
  6. ME GUSTOUME MOITO IR A LAS ILLAS CIES

    ResponderEliminar