3/6/16

VISITAMOS O MUSEO DO MAR

O mércores, 1 de xuño, o alumnado de terceiro de E. Primaria visitou o Museo do Mar, actividade programada dentro do PDI de centro arredor da nosa cidade. Alí agardábaos unha monitora que os acompañou durante o percorrido e que lles explicou moitas cousas interesantes sobre a vida no mar da Ría de Vigo. Primeiro estiveron no acuario, onde observaron a variedade de animais que habita nas nosas costas.
A continuación puideron comprobar o inxenio do ser humano deseñando traxes e máquinas para explorar o mundo submariño. Así, viron a evolución, a través dos anos, dos traxes de mergullo e mesmo experimentaron, grazas a Kevin, o esforzo enorme que supoñía manter a unha persoa baixo a auga.
Despois descubriron un curioso submariño, deseñado e fabricado por Sanxurxo Badía, e souberon da relación que este mantivo con Xulio Verne.
Finalmente puideron entender as dificultades do ser humano para desenvolverse debaixo da auga experimentando e facendo exercicios de apnea:
PASÁMOLO XENIAL E APRENDEMOS UN MONTÓN!!! Para ver máis fotos clic AQUÍ

3 comentarios:

  1. que interesante es el museo del mar

    ResponderEliminar
  2. TIENES RAZON ADRIANA

    ResponderEliminar
  3. ADRIANA NON POÑAS O TEU NOME ASI . ADRIANQA PORQUE E UNHA FALTA DE ORTOGRAFIA

    ResponderEliminar