19/10/16

MIK VISITA A AULA DE CUARTO

Que sorpresa!!!! Hoxe recibimos unha visita moi agardada e moi especial!! O noso amiguiño Mik regresou dunha longa viaxe na súa avioneta e tróuxonos o encargo dunha divertida e emocionante misión: teremos que percorrer o mundo e descubrir os tesouros que se agochan nos distintos países do planeta!!! Pero... onde terán que ir os nenos e nenas de cuarto?? Despois de ver as pistas que nos chegaron nun sobre, soubemos que este curso andaremos por ÁFRICA!! Que chulo!!! Estas foron as nosas pistas:
Ramsés e Sergio, os encargados de hoxe, leron a carta para todos os compañeir@s:
Pasámolo xenial!!! Por certo, para comezar a nosa aventura, non esquezades completar o voso billete a algún lugar de África!!! Queremos dar as grazas á profe Pili por ser unha cómplice excelente do noso querido MIK.
FOTOS

1 comentario: