19/11/16

PALABRAS DE ÁFRICA, CUENTOS DE UN CONTINENTE EN CAMINO

Palabras de África é un precioso libro que recolle unha serie de contos que visibilizan o continente africano fuxindo dos estereotipos e visións negativas ás que parece que nos afixemos. Unha pequena aproximación a unha cultura que é berce da civilización e veciña de Europa.

Buscando Amigos (Mali), A Galiña e o Elefante (Etiopía), As dúas Caras do Mundo (Sudán do Sur), Os Ríos Tristes (inspirado en Chad), A Ra e a Serpe (Congo), A Ratiña Valente (inspirado en Mozambique) e Como a sabedoría se espallou polo Mundo ( Camerún) son sete contos marabillosos que nos farán viaxar de forma máxica a unha África rica en diversidade e memoria e na que valores como a superación, a amizade, a igualdade ou o respecto polo medio ambiente están moi presentes. PALABRAS DE ÁFRICA é unha iniciativa da ONGD SEDE e o Grupo Edelvives, que pretende achegar África a todos os lectores, en colaboración coa ONGD Fundación PROCLADE e a Asociación PROYDE.

1 comentario: