30/4/16

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES 2016

PARABÉNS a tod@s polo excelente traballo de onte como madriñas e padriños lectores. Fostes moi responsables e desenvolvestes a actividade estupendamente. XENIAL!!!
Para acceder ao álbum de terceiro, clic AQUÍ.
Se queredes ver a crónica deste día, clic AQUÍ.

28/4/16

TERCEIRO DE EP NA SEMANA DE CERVANTES

O martes fixemos as actividades sobre Cervantes e a súa xenial obra "D. Quijote". Foron moi divertidas e pasámolo requetebén. Podedes ver as fotos en O RECANTO DE MIK (preme AQUÍ)
E podes repasar a biografía de Cervantes na seguinte presentación:

VISITAMOS A AULA DE PRIMEIRO!!!

Dentro das actividades programadas arredor do libro e da lectura levaremos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" (xa imos pola oitava edición!!!!). Antes da cita lectora, que terá lugar na "hora de ler" de mañá, venres, os padriños e madriñas visitan as aulas dos afillad@s para realizar os sorteos e facer as presentación coa axuda das "tarxetas lectoras" que levan días preparando. Con moita ilusión e algo nerviosos, os nenos e nenas de terceiro, que se estrenan este curso como padriños e madriñas lectoras, acudiron á aula de primeiro de EP para coñecer aos seus afillados/as: FOI FANTÁSTICO!!! VÉMONOS MAÑÁ!!! Preme AQUÍ para ver todas as fotos

26/4/16

TARXETAS LECTORAS

O próximo xoves, os padriños e madriñas lectoras de terceiro de EP visitarán a aula de 1º para coñecer aos seus "afillados/as", para o que deberán elaborar unha bonita tarxeta lectora. Se non estades moi inspirados pededes ver as tarxetas que fixeron outros nenos/as:
https://plus.google.com/photos/103627355081983465459/albums/5870482698684018081

23/4/16

OBRADOIRO DE RECICLAXE: "VIGO RECICLA"

O 19 de abril o alumnado de segundo, terceiro e cuarto de EP participou no obradoiro de reciclaxe "Vigo recicla", patrocinado polo concello de Vigo. Con esta actividade preténdese concienciar a rapazada sobre a importancia e a necesidade de coidar o medio ambiente mediante a reciclaxe de residuos, para o que é imprescindible a correcta separación nos diferentes colectores. Despois de estar moi atent@s ás explicacións, realizaron unha práctica na que debían depositar cada residuo no colector adecuado. Fixérono moi ben e, ao finalizar, recibiron uns estupendos agasallos. PARABÉNS!!!
Máis fotos AQUÍ

18/4/16

UNHA NOVA CONFERENCIA E UNS EXPERT@S MOI ESPECIAIS!!

Hoxe tivemos unha visita moi especial!! Os papás de Ramsés, Balbi e Armando, estiveron con nós esta mañá para ofrecernos unha fantástica conferencia sobre os materiais empregados e o proceso de fabricación dos coches da factoría Citroën. Resultou moi interesante ver paso a paso como se van transformando as materias primas ata que se convirten nos elementos que forman parte dun coche, o traballo que realizan as máquinas e as persoas e como, finalmente, chegan os automóviles ás nosas casas. Tamén nos ensinaron a evolución dos modelos desta marca a través dos anos e mesmo puidemos ver algúns prototipos que nos impresionaron un montón. ENCANTOUNOS!! MOITAS GRAZAS por dedicarnos tan xenerosamente o voso tempo e, por suposto, polos agasallos tan chulos que nos trouxestes.

1/4/16

ENCONTRO CON XELÍS DE TORO

Hoxe estivo con nós o escritor Xelís de Toro. Contounos moitas cousas interesantes e comentamos con el as nosas impresións sobre O trompetista e a lúa. Despois asinou os nosos libros. Gustounos moito a súa visita!! GRAZAS, XELÍS!!! Vistita o Recanto de Mik para ler o que escribiu o ratiño Mik sobre este encontro.