30/5/16

ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE AS ILLAS CÍES

Xa estamos rematando o traballo relativo ao noso Proxecto Documental sobre as Illas Cíes. Como actividade de repaso e autoavaliación debedes realizar a seguinte proposta interactiva. Seguro que o pasaredes moi ben!! ÁNIMO!!! Se queres facelo en pantalla completa clic AQUÍ
PARA REPASAR A INFORMACIÓN QUE ESTIVEMOS TRABALLANDO FAI CLIC NA IMAXE DE ABAIXO:
https://drive.google.com/file/d/0B9OsGD13g2c4OVdzclMwSG1SVkU/view?pref=2&pli=1

20/5/16

PLANTAMOS CEBOLAS!

A clase de Coñecemento do Medio de hoxe foi moi especial xa que baixamos ao horto para plantar cebolas. A profe Mariluz explicounos que a parte que se come desta hortaliza é o talo e que se chama bulbo. Despois de preparar o bancal, fixemos buracos e puxemos unha plantiña en cada un, regamos e tapamos cun pouco de terra. Agora xa só queda agardar a que medren para recollelas e... comelas!! Moitas GRAZAS á profe Mariluz por axudarnos.
Se queres ver máis fotos, clic AQUÍ

TEATRO NO CONCELLO

O mércores, día 18, os nenos e nenas de terceiro, xunto co resto do alumnado do centro, fomos convidados a asistir ás VII Xornadas Municipais de Teatro Escolar no Auditorio do Concello de Vigo. Tivemos unha mañá moi "teatreira" xa que, ademáis de ver aos nosos compañeir@s representando "O Principiño", puidemos gozar da obra O mozo Quixote (Escola Municipal de Teatro) e Cun pouco de axuda (Ceip Sobreira). PARABÉNS aos actores e actrices polo seu bo facer e a súa profesionalidade. E MOITAS GRAZAS ao público polo seu saber estar, atento e respectuoso, e polos seus aplausos.
Se queres ver MÁIS FOTOS clic AQUÍ

11/5/16

FANTÁSTICO TRABALLO DO ALUMNADO DE TERCEIRO NA SEMANA DA POESÍA

Desde o día 9 ata o 13 de maio estamos a celebrar a Semana da Poesía na que o principal protagonista dos recitados é Manuel María, o poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Sen embargo, non foi o caso dos nenos e nenas de terceiro, que fixeron un fantástico traballo con tres poesías moi bonitas: a primeira, OLLA VIGO, creada polo profe Toniño, ao fío do noso Proxecto Documental sobre a nosa cidade; a segunda, "Caballito de madera", de Carlos Reviejo; por último "En mi cuento", da autora viguesa Alicia Borrás Sanjurjo. Os meus PARABÉNS porque fixestes un traballo magnífico, non so polos recitados, que foron perfectos, senón polo voso comportamento e o voso saber estar sobre un escenario. MOI BEN!!! FOI ESTUPENDO ESCOITARVOS!!! Para saber o que pasou durante estes días visitade O recanto de Mik.
Se queredes ver todas as fotos, clic AQUÍ
Tamén podedes lembrar o ben que o fixestes no seguinte vídeo: