27/10/16

TEMPO DE SAMAÍN

Para pasalo requetebén, cantar e bailar no Samaín:

26/10/16

¡VAMOS A DIVIDIR!

Apréndete bien las siguientes rimas para no equivocarte al dividir por dos cifras:
https://drive.google.com/file/d/0B5XwSqpFWY4DMXAyRWpqdmVmMnM/view
Y recuerda que, en ocasiones, MARIMAR debe volver a multiplicar (cuando el resultado de la multiplicación no se puede restar porque es demasiado grande):
" Y Marimar descubrió...
que el número se pasó!
Entonces MARIMAR
vuelve a multiplicar."

24/10/16

A FORMACIÓN DOS CONTINENTES

Para entender mellor a formación dos continentes podedes ver o seguinte vídeo:

20/10/16

MÁIS ÁFRICA!!!

Xa temos moitos obxectos incribles procedentes dos distintos países de África que os nenos e nenas de cuarto van achegando á nosa colección particular. Onte foi Nicolás o que nos trouxo algunhas "xoias" de diferentes países: Un billete de 50 shillings (KENIA)
Un billete de 50 rupias (ISLAS MAURICIO)
Un fantástico bongo africano (SIERRA LEONA)
E unha preciosa xirafa de madeira (SENEGAL)
MOITAS GRAZAS A NICO E Á SÚA FAMILIA!!!
FOTOS

19/10/16

MIK VISITA A AULA DE CUARTO

Que sorpresa!!!! Hoxe recibimos unha visita moi agardada e moi especial!! O noso amiguiño Mik regresou dunha longa viaxe na súa avioneta e tróuxonos o encargo dunha divertida e emocionante misión: teremos que percorrer o mundo e descubrir os tesouros que se agochan nos distintos países do planeta!!! Pero... onde terán que ir os nenos e nenas de cuarto?? Despois de ver as pistas que nos chegaron nun sobre, soubemos que este curso andaremos por ÁFRICA!! Que chulo!!! Estas foron as nosas pistas:
Ramsés e Sergio, os encargados de hoxe, leron a carta para todos os compañeir@s:
Pasámolo xenial!!! Por certo, para comezar a nosa aventura, non esquezades completar o voso billete a algún lugar de África!!! Queremos dar as grazas á profe Pili por ser unha cómplice excelente do noso querido MIK.
FOTOS

11/10/16

ANIVERSARIO DE SERGIO

Sergio estivo de aniversario o venres pasado e tróuxonos unha riquísima torta de chocolate para compartir con todos os compañeiros e compañeiras. Estaba boísima!!! E, claro, hoxe fixémoslle o "campaneo" con DEZ badaladas!!! (xa sabedes que unha delas é "de regalo"). GRAZAS, Sergio!!!


A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS

Le atentamente a información e fai as actividades:
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/curso_4/cmedio/las_plantas/la_reproduccion/la_reproduccion.html

7/10/16

DE PASEO POR MARRUECOS

Seguindo co noso percorrido polo continente africano, Ramsés achegounos a Marrocos. Tróuxonos varios obxectos que nos resultaron moi curiosos e interesantes e que nos animaron a querer saber máis sobre este país. Primeiro mostrounos un amuleto, a man de Fátima, e contounos a súa lenda; despois ensinounos un djembé, un instrumento con poderes máxicos!!, e para rematar , explicounos a historia dun obxecto da vestimenta típica: o fez. Todo nos gustou moito. GRAZAS a Ramsés e á súa familia!!!
https://goo.gl/photos/XvPaMsyJrR9Trmig8
FOTOS

5/10/16

COMEZAMOS A VIAXAR POR ÁFRICA

Hoxe comezamos o noso percorrido por África gracias aos curiosos obxectos que nos trouxo Birhanu de Etiopía, un país precioso e moi interesante. Explicounos moi ben a finalidade de cada un e os materiais dos que estaban compostos. Temos moitas ganas de saber máis cousas deste lugar tan fermoso. ENCANTOUNOS!!! GRACIAS a Birhanu a á súa familia!!! (preme na imaxe para ver máis fotos)
https://photos.google.com/share/AF1QipPKIcsZeVP_NHVb0FbjC1AcYPEzWB-zgJP19cx8OovAGZfOwItyJg7J5pcXJ36uAQ?key=dW9CMFZGdUNaRXFRWlVCWTAwM3FJelpYc3lVWlN3

O SISTEMA SOLAR

Aprende máis cousas sobre o sistema solar:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285568484/contido/cm08_oa04_ga/index.html

1/10/16

AS PLANTAS

Nestes días andamos a estudar as plantas e as súas funcións vitais. A continuación déixovos varios vídeos e actividades coas que poderedes repasar o que traballamos na clase.

http://repositorio.educa.jccm.es/portal/odes/conocimiento_del_medio/las_plantas/contenido/cm07_oa02_es/index.html







http://catedu.es/chuegos/control/plantas.swf