30/11/16

E OUTRO MÁIS

E aquí a preciosa creación de Naim, Artai e a súa familia:

28/11/16

OUTRO TRABALLO PARA MIK

Unha nova creación arredor do lema da biblioteca. Esta é a versión de Claudia de A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS:

25/11/16

ÚLTIMAS ENTREGAS DA VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS

Fabiola lembrou a Xulio Verne e a súa recoñecida obra:
E María levounos en barco veleiro grazas ao seu traballo con materiais reciclados:

24/11/16

A FORMACIÓN DAS ROCHAS

Ao fío do tema que estamos estudando, temos o seguinte vídeo que nos fala da formación das rochas:

23/11/16

SEGUIMOS DANDO A VOLTA AO MUNDO

PARABÉNS a Sergio e a Birhanu polos preciosos traballos que realizaron en colaboración coas súas familias. Con Birhanu fixemos unha longa viaxe desde Etiopía ata Vigo; con Sergio viaxamos ao futuro. FANTÁSTICO!!
A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS

CUENTOS COLECTIVOS

Hoy acabamos las lecturas de los cuentos colaborativos. La valoración de la actividad es muy positiva, tanto en lo relacionado con el proceso como con el resultado. Los equipos resolvieron perfectamente el reparto de tareas y la inclusión de las aportaciones personales, utilizando criterios acordados previamente. ¡¡FELICIDADES, chic@s!! ¡¡Buen trabajo!!

21/11/16

NOVOS TRABALLOS E NOVAS HISTORIAS

Novos magníficos traballos do alumnado de cuarto e as súas familias. PARABÉNS!! De parte de MIK, moitas grazas!!!

O OURO E A AZURITA DE CRISTAL

Hugo e Lucía explicaron hoxe algunhas das características da azurita de cristal e do ouro. Despois, como é habitual, todos os compañeir@s puideron observar coa lupa as mostras que nos trouxeron. Grazas aos dous!!!

19/11/16

RELEVO DE ESPAÑA

Practica co relevo de España
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/relieve-de-espaa/b08c36e5-ed54-46e1-995f-354b59d8dd08
http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esporog2e.html
E agora aprende as Comunidades Autónomas:
http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/espauto2e.html

PALABRAS DE ÁFRICA, CUENTOS DE UN CONTINENTE EN CAMINO

Palabras de África é un precioso libro que recolle unha serie de contos que visibilizan o continente africano fuxindo dos estereotipos e visións negativas ás que parece que nos afixemos. Unha pequena aproximación a unha cultura que é berce da civilización e veciña de Europa.

Buscando Amigos (Mali), A Galiña e o Elefante (Etiopía), As dúas Caras do Mundo (Sudán do Sur), Os Ríos Tristes (inspirado en Chad), A Ra e a Serpe (Congo), A Ratiña Valente (inspirado en Mozambique) e Como a sabedoría se espallou polo Mundo ( Camerún) son sete contos marabillosos que nos farán viaxar de forma máxica a unha África rica en diversidade e memoria e na que valores como a superación, a amizade, a igualdade ou o respecto polo medio ambiente están moi presentes. PALABRAS DE ÁFRICA é unha iniciativa da ONGD SEDE e o Grupo Edelvives, que pretende achegar África a todos os lectores, en colaboración coa ONGD Fundación PROCLADE e a Asociación PROYDE.

BANDEIRAS DE ÁFRICA

Colorea as bandeiras de África
http://www.colorear-online.com/colorear-banderas/africa/index.php

MAPA DE ESPAÑA

Practica con el mapa de España
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos_jcyl/geografia_eu/geografia_es_new.html

CONTO COLECTIVO

Durante varios días, o alumnado de cuarto estivo creando un conto colectivo. Distribuídos en equipos organizaron e repartiron as tarefas. Xuntos decidiron o título, o argumento e as ilustracións. Despois organizaron tamen a sesión de lectura para o resto dos compañeir@s. Hoxe tocoulle ao primeiro equipo. Fixérono moi ben!

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Hoxe, o alumnado de cuarto de EP baixou á biblioteca coa encomenda de Mik de atopar unha nova mensaxe que lles ía facilitar o traballo de investigación que deberán realizar sobre África. Jorge e Alejandro M., os encargados do día, foron os que fixeron as pescudas entre os libros da exposición temática instalada na biblio. Despois de varios minutos lograron cumplir a misión:
A continuación, fixeron as súas eleccións de lecturas para levalas en préstamo para as súas casas. Por suposto, tamén aproveitaron para facer un pequeno traballiño sobre o tema do proxecto. Encántanos ir á biblioteca!!!

16/11/16

PAÍSES DE ÁFRICA: PUZZLE

Juega y aprende los países del continente africano haciendo los puzles de todos los niveles de dificultad. Te atreves?? Adelante!!
http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/africa3e.html
Eh, amiguiños de cuarto!! Pasade polo Recanto de Mik para ver os novos magníficos traballos dos nenos e nenas doutros cursos. Son chulísimos!!! https://3.bp.blogspot.com/-fZEZCj8uFJY/WCyGFSRv_CI/AAAAAAAAZko/y4HQGojS4BoHJQOMpqSuwlHByOGy6SD7QCLcB/s1600/IMG_1957.JPG

ROSA DO DESERTO, AMATISTA E APOFILITA

Zaira e María trouxeron as mostras da rosa do deserto, da amatista e da apofilita, e explicaron moi ben as súas características e propiedades, nalgún caso case máxicas!! Despois, todos os compañeiros e compañeiras puideron comprobar coas súas lupas a beleza destas rochas e minerais. PARABÉNS ás dúas!!
LEMBRA!: a rosa do deserto é un bo exemplo de rocha sedimentaria.