25/12/16

FELICES FESTAS!!!

PARABÉNS A TOD@S!!!

Que gocedes moito destas festas xunto coas vosas familias!!! Unha agarimosa aperta para os nenos e nenas de cuarto!!!

14/12/16

CALENDARIO DAS CONFERENCIAS DE EXPERT@S 2016/2017

Aquí tendes o resultado dos sorteos que se levaron a cabo o martes. Algúns xa tendes o tema escollido e aparece no calendario. Durante este mes podedes seguir pensando sobre a vosa exposición. Pero non vos descoidedes, en xaneiro xa non poderedes cambiar. ÁNIMO e a TRABALLAR!!
(preme na imaxe ara agrandar)
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/AFRICA/calendario_conferencias1617.pdf

8/12/16

BENVID@S A ÁFRICA!!!

Paseando pola internet para atopar recursos atractivos sobre o noso proxecto, Historias de África, din con esta actividade elaborada no seu día por un alumno de sexto do Ceip Frián-Teis, Roi Gómez. A través dun LIM ou libro interactivo achéganos información (situación xeográfica, a fauna, a flora, a arte...) e algunhas actividades sinxelas (xogo de memoria, emparellar, sopa de letras...) ATRÉVESTE A FACELO?? (clic na imaxe)
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/system/files/lim/africa/lim_africa.html

7/12/16

HISTORIAS DE ÁFRICA: COMEZAMOS!

Comezamos a nosa aventura en África!!! Este continente serviranos agora para descubrir os diferentes grandes ecosistemas que nos ofrece e, ao mesmo tempo, apreciar a súa beleza. Xa temos aquí de novo ao noso amiguiño MIK, que nos acompañará nesta primeira viaxe. ADIANTE!! (preme na imaxe para ler)
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/AFRICA/africa_pax3_14.pdf

6/12/16

QUE SABES DE ÁFRICA?

Temos nova mensaxe de MIK!!!
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/AFRICA/africa_pax1_2.pdf

2/12/16

UN NIÑO NO XARDÍN DE RAMSÉS

Un precioso niño apareceu na finca de Ramsés cando a súa familia facía os traballos da poda das árbores. Os paxariños que naceron nel xa serán aves adultas e probablemente andarán por lugares máis quentiños. O niño estaba moi ben conservado, nin o vento nin a choiva lle ocasionaron ningún desperfecto. Que bos construtores!!!