13/11/17

UNHA ESTRELA DA FAMA PARA O MESTRES GOLDAR!!!!!

Hoxe tivemos un fantástico obxecto para engadir á nosa exposición sobre o cine. Desta vez foi CAROLINA quen nos trouxo unha ESTRELA DA FAMA co nome do Mestres Goldar pois, ben é certo que a merece! Carolina explicounos estupendamente cal é o significado de posuir unha destas estrelas, quen foi a actriz que a acadou por primeira vez na historia e cal é o símbolo das diferentes artes que aparecen na estrela. Moi ben, CAROLINA!!!! ENCANTOUNOS!!!

11/11/17

PELICULETRAS: UNHA BIBLIO DE CINE

O noso amiguiño MIK non para e xa nos encargou unha nova tarefa. Desta vez, en colaboración coas nosas familias, teremos que ilustrar o lema da biblioteca: "PELICULETRAS, UNHA BIBLIO DE CINE". Seguriño que novamente quedaremos abraiados coa orixinalidade e a creatividade do noso alumnado. Todos os traballos estarán expostos nos corredores do centro. Xa estamos impacientes! Lembrade: temos ata o 4 de decembro. Ánimo e... a traballar!!!

9/11/17

COMPARTINDO EXPERIENCIAS CINEMATOGRÁFICAS

Hoxe tivemos uns convidados moi especiais!!!! Os nenos e nenas de sexto de E. Infantil subiron coa súa profe Rocío para ver a estupenda exposición sobre o cine que estamos facendo en terceiro de Primaria. O equipo de terceiro recibiunos con moita ilusión e agarimo e explicáronlle magnificamente a utilización e a elaboración de cada un dos obxectos. Tamén xogamos a ser leóns da Metro Goldwyn Mayer. Pasámolo xenial e aprendemos moito, pero o mellor foi sentir a marabillosa experiencia de compartir.
Máis fotos AQUÍ

NOVOS OBXECTOS PARA A NOSA EXPOSICIÓN SOBRE O CINE

Cada vez temos máis obxectos na nosa fantástica exposición!!! Desta vez Alina trouxo unha cámara de cine moi orixinal que ela mesma elaborou con materiais de refugallo e moitos debuxos feitos por ela. Gustounos moito!!! GRAZAS, ALINA!!!
E MOITAS GRAZAS tamén a Nico e á súa familia polo seu magnífico cinematógrafo. Encantounos!!! Parabéns, NICO!!!!

6/11/17

OS SENTIDOS

Seguimos estudando os sentidos. Presta atención:

2/11/17

O SENTIDO DO OÍDO

Aquí temos unha doutora que nos explica moi ben como funciona o sentido do oído:
http://www.pulevasalud.com/ps/Zips/4200/oido.swf

O SENTIDO DA VISTA

Para aprender e repasar prestade atención ao que nos contan neste vídeo:
http://www.pulevasalud.com/ps/Zips/4196/vista.swf

CINE DE MEDO NA BIBLIO

Co gallo da celebración do SAMAÍN, durante esta semana MIK organizou na biblio as XORNADAS DE CINE DE MEDO. Cada curso baixou á biblioteca e gozou e tremeu coas estupendas películas seleccionadas: HOTEL TRANSILVANIA2, FRANKENWEENIE e PESADILLA ANTES DE NAVIDAD. O luns atopamos nas portas das aulas unha tétrica mensaxe de Mik emplazándonos na biblioteca para ver a exposición temática sobre o Samaín e para retarnos a introducir as mans nunhas espeluznantes caixas con sorpresas terroríficas. Como sempre, os nosos nenos e nenas aceptaron sen dubidar e atrevéronse coas caixas misteriosas:
Despois asistimos á sesión de cine dispostos a pasar moooooito medo:
Foi XENIAL!!! GRAZAS, MIK!!!!
Máis fotos AQUÍ

1/11/17

TAUMATROPO

Sergio achegou para a exposición sobre o cine un estupendo TAUMATROPO que nos gustou moito. Explicou moi ben en que consistía, como se elaboraba e quen foi o seu inventor. GRAZAS, SERGIO!!!

30/10/17

CHEGA O SAMAÍN!!!!!!

Para pasalo requetebén, cantar e bailar no Samaín:

28/10/17

ÓSCAR PARA O EQUIPO DE TERCEIRO!!!!

O venres, 27 de outubro, celebramos por todo o alto a reapertura da nosa biblioteca. Baixo o lema "UNHA BIBLIO DE CINE" festexamos ao estilo máis hollywoodiense a estrea de "PELICULETRAS". As nosas pequenas grandes estrelas posaron na alfombra vermella co ÓSCAR que eles mesmos outorgaban á súa lectura favorita, mostrando eses libros a fotógrafos e xornalistas. A xornada resultou emocionante e divertida e, con ilusión e entusiasmo, demostraron que a biblioteca e os libros teñen moito protagonismo nas vidas dos nosos nenos e nenas. A historia comezou hai varios días cando todas as aulas recibiron unha carta do noso amiguiño MIK onde nos convidaba a participar na festa e nos daba as consignas para que a actividade fora mooooi cinematográfica.
Chegado o día, cada grupo de alumnado tiña asignada a hora da visita á biblioteca, onde puideron ver a exposición de novidades, a exposición temática sobre o cine, recolleron as mochilas viaxeiras que comezarían ese mesmo día a súa andaina polos fogares do alumnado e, ademais, atoparon un doce e agarimoso agasallo de benvida do noso querido MIK. E, por suposto, os nenos e nenas de 4º de E. Infantil e todos aqueles que se incorporaron ao centro este curso recibiron a súa flamante carpeta da biblioteca co seu carné de usuari@
Despois acudiron ao salón de actos para presentarse ante as cámaras caracterizados de personaxes de películas e exhibindo o seu libro favorito. Tod@s estaban guapísimos!!!!
Se queredes ver as fotos que recollen cada momento deste día clic AQUÍ
ESTADES TOD@S!!!!!

27/10/17

LUCES, CÁMARAS, ACCIÓN!!!

Pois efectivamente, a iluminación é moi importante na rodaxe de calquera película e os potentes focos de distintas cores sempre están presentes en todos os platós. Grazas a CECILIA, tamén nós contamos con estes obxectos na nosa exposición, que cada vez é máis grande e interesante. Cecilia contounos como os elaborou e os materiais que empregou. E, ademáis, FUNCIONABAN!!! Gustáronnos moito!!! GRAZAS, CECILIA!!!

24/10/17

ROLLO DE PELÍCULA

É difícil de crer que non hai moito tempo as películas de cine filmábanse cuns rollos de cinta enormes. Así nolo contou hoxe Uxía coa súa preciosa manualidade. Tamén nos explicou como a fixo e os materiais que empregou. E ata lle puxo unha cinta con fotogramas en branco e negro cos directores de cine máis famosos da historia!!! Encantounos!!PARABÉNS, UXÍA!!!