23/1/17

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o día escolar da non violencia e a paz. Para reflexionar sobre este día, este ano traballaremos sobre a fascinante historia de Wangari Maathai, que recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004. Para iso, recorremos ao libro "Wangari e as árbores da paz".
Wangari vivía rodeada de árbores. Cando medra, comeza unha masiva deforestación e Wangari teme que pronto todo o bosque sexa destruído. Decide sementar nove arboriñas e iniciar unha acción ecoloxista en favor da reforestación, o Movemento do Cinto Verde, chegando a ser responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores en todo o país e de mellorar a calidade de vida das mulleres. As nosas vidas mellorarán se volvemos ter árbores. Plantaremos as sementes da esperanza.
O mellor é que descubrades vós mesmos esta preciosa historia. Facendo click na frecha da seguinte imaxe, gozaredes deste belo conto que transmite tantos importantes valores. Cando acabe a historia, atoparedes diferentes actividades para pasar un bo intre e reforzar o aprendido. Se queredes velo a pantalla completa, por exemplo, para usar na pantalla dixital, só tedes que facer click no recuadro superior dereito (e "esc" para volver). Fonte:http://www.auladeelena.com/2016/01/wangari-y-los-arboles-de-la-paz.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario