15/2/17

CONFERENCIAS: AS CATARATAS VICTORIA

As impresionantes cataratas Victoria foron o tema que escolleu o noso experto ALEJANDRO MERA para a súa conferencia. A beleza deste espectáculo natural e todos os sorprendentes datos que nos contou sobre elas impactounos moito. Tamén soubemos do seu descubridor, o Dr. Livingston, famoso explorador enamorado de África, dos seus habitantes e das súas incomparables paisaxes. Para ilustrar a súa exposición tróuxonos varias fotografías e realizou, en colaboración coa súa familia, unha fantástica manualidade. Gustounos moito! PARABÉNS, ALEJANDRO!!!

2 comentarios: