15/2/17

CONFERENCIAS: EXIPTO

Seguimos o noso percorrido por África, descubrindo xentes e países incribles. Onte, o noso experto, NICOLÁS ÁLVAREZ CÉSPEDES, transportounos a EXIPTO, desde o momento actual ata a época da construción das famosísimas pirámides. Ao longo da súa exposición falounos da xeografía, da relixión, da gastronomía e, por suposto, dos faraóns, das momias e de Tutankamon. Puidemos escoitar diferentes tipos de música tradicional e gozar dun precioso libro pop up sobre o Antigo Exipto. Encantounos! PARABÉNS, NICO!!!

3 comentarios: