8/2/17

CONFERENCIAS: KENIA

KENIA foi o tema escollido pola nosa experta de hoxe, MIRIAM ABALDE AGRA, un país ao que xa nos tiñamos achegado grazas á figura de Wangari Maathai, protagonista deste curso da celebración do Día da Paz. Kenia é un país do leste africano. A súa cultura é moi diversa, dadas as enormes diferenzas entre os distintos grupos étnicos que conviven no país. A influencia da colonización británica maniféstase sobre todo no uso estendido da lingua inglesa, xa que a maioría dos kenianos que teñen ao suahili como lingua materna, falan tamén o inglés. O monte Kenia, que dá nome ao país, atópase no centro do territorio, ao norte de Nairobi, e é o cume máis alto do país e o segundo de África, despois do Kilimanjaro. A capital de Kenia, Nairobi, é unha cidade de gran importancia comercial en África. O país foi produtor tradicional de té e café. É tamén unha potencia mundial no deporte, dando os mellores atletas como o campión Paul Tergat e máis recentemente David Rudisha. Ademáis destes datos, Miriam explicounos moitas máis cousas interesantes, polo que KENIA pareceunos un lugar incrible. PARABÉNS, MIRIAM!!!




AQUÍ vai o vídeo!!!

4 comentarios: