8/2/17

CONFERENCIAS: MARRAKECH

O noso experto de hoxe, NAIM RODRÍGUEZ LORENZO, escolleu como tema da súa conferencia a cidade de Marrakech, que xunto con Mequinez, Fes e Rabat forman as cidades imperiais de MARROCOS, sendo ademáis unha das cidades máis importantes dese país. O seu nome, procedente do bereber, significa "Terra de Deus". A cidade posúe o mercado tradicional (suq) máis grande do país e unha das prazas máis concorridas de África e do mundo, Djemaa el Fna. Nesta praza cítanse acróbatas, conta-contos, vendedores de auga, bailaríns e músicos. Coloquialmente esta cidade é alcumada «A Cidade Vermella» pola cor das súas edificacións e as tonalidades predominantes na contorna. Tamén se denomina extraoficialmente «Perla do Sur» e «Porta do Sur». A pesar do seu árido clima, Marrakech foi sempre un xardín, grazas ás enxeñosas técnicas de canalización e rega levadas á práctica desde o século XI. Estes e outros datos interesantísimos que Naim explicou na súa exposición fixeron que todos nós quixeramos coñecer esta fantástica cidade. PARABÉNS, NAIM!!!

7 comentarios: