17/2/17

CONFERENCIAS: MOZAMBIQUE

A nosa experta de onte, ZAIRA RODRÍGUEZ MOREIRA, trasladounos a un fantástico e descoñecido país africano, MOZAMBIQUE. Na súa exposición achegounos moitos datos referidos á xeografía, poboación, economía, relixión..., e descubriunos algunhas curiosidades que nos engaiolaron a tod@s. A caza do xabarín coa axuda de babuinos xinetes e a utilización de ratas amaestradas para traballos moi perigosos chamounos poderosamente a atención. Moitas imaxes e dous vídeos ilustraron a conferencia, para rematar degustando un riquísimo doce da gastronomía tradicional. Gustounos moito!! PARABÉNS, ZAIRA!!!

4 comentarios: